AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra denuncia diante da CE as coaccións do Goberno español para “estender o medo á democracia”

14 Setembro, 2017

 

  • Xunto a 16 eurodeputadas/os dirixiu unha carta ao vicepresidente da CE notificando a prohibición en Madrid dun acto polo dereito a decidir
  • Forma parte tamén das máis de 30 eurodeputadas/os que denunciaron diante a CE as ameazas a 712 alcaldes/as catalás por parte da Fiscalía

 

PE_Accións policiais contra o referendo catalán

Estrasburgo, 17 de Setembro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), procedeu hoxe  a denunciar diante da Comisión Europea (CE) a intromisión da Policía Nacional nunha empresa da Coruña baixo o pretexto de investigar a posibilidade de que estivese a fabricar furnas de metacrilato susceptíbeis de seren empregadas no referendo de Catalunya.

A través do rexistro dunha pregunta parlamentaria -adxunta-, Senra puxo en coñecemento da CE esta actuación policial que cualificou como  “un capítulo máis da campaña imposta polo Estado español co fin de estender a política do medo á democracia”. Á vista do endurecemento da estratexia represiva e coercitiva dos dereitos fundamentais despregada esta semana polo Goberno español na súa ofensiva contra o dereito dos pobos a decidir, a eurodeputada galega cuestionou directamente á institución comunitaria se está disposta a actuar para que o Estado deixe de interferir nas actividades empresariais e se garantan e dos traballadores e traballadoras, así como a liberdade de expresión.

Asemade, solicitou saber se a Comisión Europea contempla reaccionar ante a vulneración de dereitos fundamentais que está a protagonizar o Goberno do Partido Popular, a través por exemplo da posta en marcha dun mecanismo preventivo ou incluso sancionador contra o Estado español por estas prácticas seguindo o Artigo 7 do Tratado da Unión Europea, que establece medidas para facer fronte a amenazas sistémicas ao Estado de Dereito nos países da UE.

Reunidas en sesión plenaria en Estrasburgo, ducias de eurodeputadas e eurodeputados estiveron asistindo con preocupación á deriva represiva do Goberno español, que non dubidou en activar durante esta semana mecanismos xudiciais e medios policiais para impedir o dereito de reunión, liberdade de expresión e representación democrática. Lídia Senra, xunto con outras 16 eurodeputadas/os, remitiu onte unha carta ao vicepresidente da Comisión Europea, Frans Timmermans, poñéndoo en coñecemento da suspensión cautelar dun acto polo dereito a decidir previsto para o vindeiro domingo 17 en Madrid, e expresando a súa consternación polo ataque ás liberdades civís no Estado español.

Apenas unhas horas máis tarde, a eurodeputada galega formou parte do grupo de máis de 30 deputadas/os do Parlamento Europeo que asinaron conxuntamente unha pregunta dirixida ao presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, para denunciar que o Fiscal Xeral do Estado chamou a declarar a 712 alcaldes/as -un 75% do total de alcaldes de toda Catalunya- por teren manifestado apoiar a realización do referendo do vindeiro 1 de Outubro.

A eurodeputada Lídia Senra acusou ao Goberno español de estar “tecendo unha estratexia coercitiva para espallar o temor entre a cidadanía, para contaxiar un sentimento de vulnerabilidade co que tentar bloquear o dereito das persoas, dos pobos, a decidir democraticamente sobre o seu futuro”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies