AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra denuncia as consecuencias que lexislar “por e para as multinacionais” ten nas mulleres a nivel global

13 Marzo, 2018

 

  • O PE aprobou hoxe un informe realizado polo GUE/NGL no que recoñece o sesgo de xénero implícito nos impactos da liberalización comercial
  • Senra subliñou o aumento da violencia nas zonas rurais e a destrución e precarización de empregos que afectan especificamente ás mulleres

Bruxelas, 13 de Marzo de 2018. Reunido en sesión plenaria en Estrasburgo, o Parlamento Europeo aprobou hoxe un informe no que recoñece o impacto diferenciado que os acordos de liberalización comercial dos que fai parte a UE están a ter nas mulleres.

A eurodeputada galega Lídia Senra, responsable a nivel do Parlamento Europeo da transversalización da perspectiva de xénero na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural -da que é coordinadora para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, apoiou hoxe co seu voto este informe e tomou a palabra durante o debate do mesmo para enmarcar que os acordos comerciais polos que apostan as grandes potencias como a UE “son unha coartada para lexitimar a  imposición do modelo capitalista neoliberal, que ten graves consecuencias sociais, especialmente para as mulleres”.

Senra chamou a atención sobre cuestións concretas como as consecuencias directas da capitalización da Natureza que se atopa tras moitos destes acordos comerciais, a cal provoca “un significativo aumento da violencia nas zonas rurais, que se materializa en desaloxos forzosos, militarización, violencias sexuais…”.

 Ademais, subliñou, o “dumping económico, social e ambiental” no que se sustentan estes acordos implican a posta en circulación nos mercados internacionais de produtos a prezos finais por embaixo dos propios custos de produción, así como a deslocalización mesma dos procesos produtivos en moitos dos casos, o que provoca a expulsión das mulleres de sectores como o téxtil ou o agroalimentario. “Levamos moitos anos alertando de que o comercio neoliberal destrúe os tecidos produtivos locais, o que por exemplo no ámbito labrego afecta máis directamente ás mulleres, xa que tanto no Norte como no Sur historicamente ocupamos maiormente os mercados de proximidade”.

A eurodeputada galega do GUE/NGL tamén foi crítica  ca interesada hipocrisía das grandes potencias, quenes non dubidan en botar man de cartos públicos para tentar disimular a gravidade das consecuencias destes acordos. “Logo as propias institucións que, como a UE, aproban acordos lesivos para a sociedade, tentan parchear con cartos o que destrúen con políticas, como vimos por exemplo fai apenas un par de semanas co caso das mulleres afectadas polo peche de varias empresas do téxtil na comarca de Ordes”, exemplificou.

Lídia Senra advertiu que, no caso de que a UE realmente teña vontade de minimizar os impactos de xénero intrínsecos ao capitalismo neoliberal, “ten que pór fin aos acordos comerciais feitos por e para as multinacionais e garantir a soberanía alimentaria e poñer fin ao dumping”. E, dirixíndose directamente á Comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidade e Movilidade Laboral,   Marianne Thyssen, exhortou: “Sra. Comisaria, a folga feminista deste 8M pon en evidencia a urxencia de que as institucións públicas asuman as súas responsabilidades desenvolvendo medidas concretas. Asuman xa que o capitalismo neoliberal é parásito do traballo invisibilizado e precarizado da metade da poboación, é dicir, das mulleres”.

 

 Imaxe: Magazine Hoy Día Córdoba

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies