AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra demanda que a presenza de microplásticos sexa especificada na etiquetaxe dos produtos

5 Setembro, 2018
  • A eurodeputada presentou 12 emendas ao proxecto de opinión que a Comisión de Pesca do PE aportará á estratexia de redución de plásticos
  • Segundo os datos achegados pola propia UE, ata un 85% do lixo mariño recollido nas praias son residuos plásticos. O 50% son artigos dun só uso

Bruxelas, 5 de Setembro de 2018. Lídia Senra, integrante polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, vén de presentar un total de 12 emendas ao proxecto de opinión que esta Comisión achegará á Proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello integrada na estratexia de redución do impacto ambiental de determinados produtos de plástico. Entre as iniciativas concretas a pór en marcha, propón o establecemento da obrigatoriedade de indicar a presenza de microplásticos no etiquetado de tódolos produtos.

A día de hoxe, segundo datos das propias institucións comunitarias, entre o 80 % e o 85 % do lixo mariño recollido nas praias son residuos plásticos. O 50% deles son dun só uso, e un 27% do total están relacionados con actividades pesqueiras.

Entre outras consideracións, nas súas emendas a deputada galega do GUE/NGL lembra ás institucións comunitarias que para abordar correctamente a loita contra os residuos plásticos no medio mariño cómpre afrontar a xestión deste tipo de residuos -incluídos os microplásticos- tamén no chan e medio acuático en xeral. Un  xeito de avanzar neste sentido, subliña, sería que a Comisión Europea asumise a responsabilidade de prestar atención especial á situación real na que se atopan as plantas de depósito de residuos situadas nos Estados membro, a fin de verificar con datos obxectivos -non só os aportados polos propios Estados que as xestionan- o cumprimento das medidas propostas para evitar a diseminación de plásticos.

“Durante esta lexislatura temos interpelado directamente á Comisión Europea a través de preguntas parlamentarias denunciando o incorrecto funcionamento na xestión de residuos[1]. Entre outras cousas, as respostas da Comisión evidenciaron o deficiente que é o control que a UE ten sobre un aspecto totalmente básico para as súas propias políticas medioambientais, e mesmo para o propio principio de sostenibilidade polo que di apostar. Un caso que ilustra moi ben esta situación foi a resposta que o Comisario Vella deu á pregunta que rexistramos no 2016 sobre o proxecto de instalación dun vertedoiro de residuos en Lousame”.

Por outra banda, dado que unha parte significativa da Directiva desenvólvese arredor da posta en marcha de medidas que aposten pola redución do consumo de plástico proporcionando alternativas reutilizábeis ou, por exemplo, que non se ofrezan gratuitamente produtos plásticos  dun só uso -como no caso das bolsas-, Senra recolleu na batería de emendas presentadas a demanda -xa feita tamén durante unha das sesións da Comisión de Agricultura- de que tanto a Comisión como os Estados membro establezan medidas para pór fin ao uso de botellas de plástico substuíndoas por envases de cristal retornábeis e reutilizábeis.

Canda esta iniciativa, a eurodeputada avoga por apostar pola venta a granel de produtos alimentarios, pór fin ao embalaxe innecesario presente en case tódolos produtos -incluídas as froitas e verduras-, e eliminar as culleres, garfos, coitelos, vasos e pratos de plástico. “As institucións públicas teñen que substituír con carácter inmediato todos estes elementos nas súas compras, e esta práctica debe converterse nun requisito para outorgar as concesións a bares e restaurantes. E, por suposto, os Estados teñen que adoptar xa urxentemente medidas para reducir o consumo de plástico noutros ámbitos como os hospitais, servizos de restauración ou transportes públicos”.

 Ao mesmo tempo, ademais da posta en marcha de medidas de sensibilización sobre os impactos dos residuos plásticos e microplásticos, “é urxente que a Unión Europea impulse a creación dun programa público específico para a retirada de plásticos e outros obxectos dos fondos mariños”, destacou tamén nas súas achegas.

 

[1] Actividade de Sogama (03/01/2017): http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-000008+0+DOC+XML+V0//ES&language=es; Incineración de residuos (07/06/2018): http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-003107+0+DOC+XML+V0//ES&language=es; Proxecto para a instalación de residuos orgánicos en Teo (15/06/2018): http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-003281+0+DOC+XML+V0//ES&language=es

 

 

Imaxe de portada: https://www.dw.com

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies