AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra defende no PE un plan de xestión de residuos galego “100% público, que prime redución, reciclaxe e reutilización”

11 Xullo, 2018
  • A Comisión de Peticións debateu hoxe a denuncia de incumprimento da Directiva europea de xestión de residuos rexistrada por ADEGA no 2015
  • O voto en contra do PPE e a abstención do S&D pecharon no Parlamento Europeo esta denuncia contra o macro vertedoiro de SOGAMA

Bruxelas, 11 de Xullo de 2018. Na mañá de hoxe foi debatida na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo a denuncia realizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ao respecto da violación da lexislación da UE por parte do plan de xestión de residuos da Xunta de Galicia. Os votos en contra do Partido Popular e a abstención do PSOE a nivel europeo provocaron o peche definitivo do proceso de denuncia aberto  nesta comisión dende o ano 2015.

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), interveu esta mañá na Comisión de Peticións, non só para apoiar co seu voto positivo a posibilidade de seguir afondando nesta denuncia, senón tamén para trasladar na Eurocámara que “un cuarto de século despois, a realidade é que SOGAMA é un macro vertedoiro situado en terras de Cerceda, a piques de colapsar totalmente, cun alto índice de incineración de residuos e que, como se recolle na propia petición, actualmente so reutiliza ou recicla un 10,5% dos residuos”. Nesta insostíbel situación, abondou, “a reciclaxe, a redución, a reutilización, o medio ambiente, a saúde e a vida no rural son as grandes perdedoras”.

Senra lembrou tamén na súa intervención que precisamente neste 2018 cúmprense 25 anos dende que se instaurou este modelo de tratamento de residuos. Sogama foi creada no 1992 como unha Sociedade participada nun 51% pola Xunta como institución pública en nun 49% por Gas Natural Fenosa como socio tecnolóxico. “Daquela recibiu 72 millóns de euros procedentes do Fondo de Cohesión para poñer en marcha e dar forma á súa infraestrutura industrial, baixo a promesa de dar solución á xestión do lixo no noso país e rematar cos vertedoiros ilegais que había por toda a xeografía e que ameazaban as contornas e ecosistemas”, explicou.

Sen embargo, a día de hoxe, “as augas están contaminadas, vense troitas mortas nos ríos e a veciñanza ten comprobado como día si e día tamén descargan camións de residuos sen separar nin reciclar directamente no macro vertedoiro chegados de toda Galiza, como puiden tamén ver eu o día que sacamos esta foto”, aseverou ao tempo que amosaba unha imaxe da descarga realizada durante unha visita á parroquia de Lesta (Ordes) en setembro de 2016, área cara a que a Xunta pretende ampliar o vertedoiro de SOGAMA.

 

Imaxe amosada pola deputada Lídia Senra durante a sesión da Comisión de Peticións
Imaxe amosada pola deputada Lídia Senra durante a sesión da Comisión de Peticións

O modelo de xestión de residuos ineficiente e centralizado que aplica SOGAMA na Galiza debe cambiar urxentemente,  “Galiza precisa un plan de xestión de residuos que sexa público ao 100% e no que se prime a redución, a reciclaxe e a reutilización”, reivindicou.

A eurodeputada galega valora que SOGAMA incumpre claramente as directivas europeas, polo que tería sido totalmente procedente manter a denuncia aberta na Comisión de Peticións e realizar unha investigación a fondo. De feito, abondou Senra, cómpre estar alerta con todo o que ten que ver ca xestión de residuos, “urxen medidas para poñerlle freo a todas esas empresas que ultimamente, e co pretexto da economía circular, prentenden converter as canteiras abandonadas en vertedoiros de residuos e futuras plantas de tecnosolos, que lonxe de ser unha solución sostible para a xestión do lixo, estamos vendo como contaminan augas e terras. Que llo digan á veciñanza da Grixoa ou de Touro, ao lado de Santiago, ou á de Casalonga, en Teo, moi preocupada polo que lles pode vir.”

Lídia Senra criticou tamén que, unha vez máis, a Comisión Europea estea a eludir posicionarse nunha cuestión rexida pola lexislación medioambiental comunitaria, “a Comisión non se pode escudar en que o Estado non é responsábel do incumprimento dalgunha comunidade autónoma argumentando que si que se cumpre a nivel estatal. A CE debería actuar obrigando ao Goberno da Galiza a cumprir cos obxectivos das Directivas relativas a xestión de residuos e protección da auga”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies