AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra critica que a UE estea máis preocupada por perpetuar o espolio que por rematar co neolonialismo

21 Xuño, 2018
DSC06548
Vista panorámica da sesión plenaria da XXXV Asamblea Parlamentaria Paritaria Unión Europea-África, Caribe, Pacífico celebrada no hemiciclo do Parlamento Europeo (Bruxelas)

 

  • A UE está en proceso de renovación das relacións cos Estados de África, Caribe e Pacífico. A XXXV Asemblea Paritaria finalizou onte en Bruxelas
  • Senra, representante do GUE/NGL na UE-ACP dende 2014, reiterou o chamamento a respectar a soberanía dos pobos de ámbalas partes

Bruxelas, 21 de xuño de 2018. A Unión Europea atópase en proceso de renovación do acordo de asociación vixente cos Estados de África, Caribe e Pacífico (ACP), relacións actualmente rexidas polo Acordo de Asociación de Cotonú, que establece que as partes deben retomar as negociacións antes da expiración deste texto en febreiro do 2020.

Dende este luns 18 até o serán de onte tivo lugar en Bruxelas a XXXV Sesión da Asamblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP, precedida da xuntanza durante a fin de semana anterior do Foro de Mulleres e das comisións de traballo sobre Asuntos Sociais e Medioambiente; Desenvolvemento Económico, Finanzas e Comercio e a comisión de Asuntos Políticos.

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrante da ACP-UE en representación do  Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Asamblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP (APP UE-ACP) dende o ano 2014, subliñou a pertinencia de que este novo escenario de negociación sexa aproveitado para establecer “un renovado marco de relacións entre a UE e os países ACP que remate co espolio neocolonial e poña en primeiro lugar a soberanía dos pobos”.

Senra_ACPUE_180618-3
Senra revisando a documentación da axenda de traballo da XXXV Asamblea Paritaria UE-ACP

Así, Senra aproveitou a súa intervención durante o debate mantido en sesión plenaria arredor das claves para loitar contra a xenofobia, o racismo e a discriminación -espazo que contou ca participación de Ingibjorg Solrun Gisladottir, directora da Oficina de Institucións Democráticas e Dereito Humanos (OIDDH) da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE)-, para criticar que a propia Unión Europea, “a través das súas políticas neoliberais e da imposición de relacións políticas e comerciais ao servizo das elites económicas”, está a ser “cómplice dos conflitos e da pobreza extrema que dan lugar ás migracións forzadas en terceiros países”, así como da “precarización e aumento da pobreza nos propios Estados membro”.

Senra_ACPUE_180618-7 -
A eurodeputada galega Lídia Senra durante os debates en sesión plenaria.

Ao fío da súa responsabilidade como coordenadora do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do PE -así como responsábel a nivel de todo o PE do seguimento da transversalización da perspectiva de xénero nesta Comisión-, a eurodeputada galega tomou tamén a palabra na discusión sobre os impactos do comercio ilegal dos insumos agrícolas nas economías dos países ACP. “Na UE, grazas á loita do sector apícola, -explicou- por fin asumiuse a necesidade de reducir ao máximo os neonicotinoides debido ao seu impacto nas abellas e outros polinizadores. Agora cómpre estar atentas para que estes produtos non sexan distribuídos nin na UE nin nos países ACP. É fundamental establecer normas estrictas para o emprego de pesticidas, dado que xa sabemos perfectamente os negativos efectos que ten na saúde das persoas, de modo moi destacado no campesiñado e moi especialmente nas mulleres”.

A urxencia de establecer medidas políticas que avancen na garantía do respecto aos dereitos das mulleres en todo o mundo estivo tamén presente durante a sesión plenaria do  XXXV Asemblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP. Durante o debate sobre parámetros demográficos co Director do Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA), Benoit Kalasa, Senra incidiu nas dúas caras dunha situación que está a afectar as mulleres, manifestando o seu rexeitamento tanto a “unha maternidade imposta nin polas institucións, nin pola Igrexa, nin polo patriarcado” como ao feito de que a maternidade sexa utilizada “como un factor para afondar na fenda laboral e social que discrimina ás mulleres”. Fronte a estes escenarios, a eurodeputada galega reivindicou que “as mulleres temos que ser o centro e as protagonistas neste debate” e animou a adoptar unha óptica feminista para interpretar as estatísticas demográficas, avogando por “avanzar no acceso aos servizos públicos, co-responsabilidade nos coidados e reparto da riqueza para avanzar no equilibrio demográfico, tanto no Norte como no Sur”.

Porén, logo de cinco intensas xornadas de debates arredor dalgúns dos puntos máis relevantes do marco de relacións entre a UE e os países de África, Caribe e Pacífico, a representante do GUE/NGL nesta Asemblea Parlamentaria Paritaria mostrouse crítica co desenvolvemento destas negociacións. “Lamentablemente, a Unión Europea está máis preocupada por consolidar  un acordo que perpetúe o espolio dos recursos naturais, dos bancos de pesca, o acaparamento de terras ou dos mercados dos países ACP que por alcanzar un acordo que poña fin ao neocolonialismo, que garanta a estes pobos a súa soberanía e un desenvolvemento sostíbel”.

Senra_ACPUE_180618

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies