AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

A Unión Europea abordará nos vindeiros meses a adaptación das obrigas de notificación das políticas medioambientais por parte dos Estados

A eurodeputada incide en que debe haber un seguimento do cumprimento das normativas máis aló de fiarse do que comunican os EM

Bruxelas, 29 de Agosto de 2018. A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo elaborará nos vindeiros meses un proxecto de opinión ao respecto dos procesos a través dos cales se concretan as obrigas de notificación das políticas medioambientais europeas adoptadas por parte dos Estados membro (EM). Outras comisións do PE, como as de Medioambiente, Industria e Asuntos Xurídicos, tamén se posicionarán ao respecto. Estas valoracións ficarán recollidas  como “opinións” no proxecto final do informe  sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á adaptación das obrigas de notificación no ámbito da política de medio ambiente, e polo que se modificarán as Directivas 86/278/CEE, 2002/49/CE, 2004/35/CE, 2007/2/CE, 2009/147/CE y 2010/63/UE, os Regulamentos (CE) n.º 166/2006 e (UE) n.º 995/2010, e os Regulamentos (CE) n.º 338/97 e (CE) n.º 2173/2005 do Consello.

A coordenadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, Lídia Senra, que ademais foi designada responsábel polo seu grupo para o seguimento deste informe (“poñente na sombra”/Shadow), interveu na sesión de hoxe para criticar que nestes momentos a propia Unión Europea está a dar por válidas avaliacións de impacto ambiental absolutamente improcedentes.

“A día de hoxe estanse a autorizar actuacións que destrúen totalmente a paisaxe e que contaminan a auga e o aire. Estoume referindo por exemplo ás consecuencias das obras do tren de alta velocidade na Galiza. O seu impacto é terrorífico”, exemplificou aludindo á Directiva 2004/35/CE relativa á responsabilidade en relación ca prevención e reparación de danos medioambientais, “e se a UE fixera cumprir a súa propia normativa este proxecto non podería ser aprobado”.

De feito, fai unhas semanas a propia Senra denunciou ante a Comisión Europea os graves impactos que están a ter no río Támega e a súa contorna as obras da liña Portocamba-Cerdedelo, cofinanciada con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rural (FEDER).

Na súa intervención a eurodeputada tamén chamou a atención sobre outro dos textos nos que se modificarán as obrigas de notificación, o  Regulamento 995/2010, polo que se establecen as obrigas dos axentes que comercializan a madeira e os seus produtos derivados, unha cuestión de especial relevancia no noso País. “Hai empresas que están a provocar serios impactos ambientais nos nosos montes, chegando mesmo ao extremo de destruír o noso patrimonio”.

Este é o caso, por exemplo, do Castro de Chavaga en Monforte de Lemos, denunciado en rolda de prensa conxunta por Senra e a deputada En Marea no Parlamento Galego Paula Verao o pasado xoves, logo de ter comprobado in situ o deterioro que están a provocar os continuos traballos de tala e retirada da madeira que ardeu nos incendios de outubro do ano pasado. “Lamentabelmente estamos a falar dunha situación que se está a repetir en moitos outros castros e bens patrimoniais da Galiza, tal e como quedou reflectido na xornada sobre patrimonio e eucaliptización que organizamos no Parlamento Europeo en decembro de 2017 e na que participaron unha vintena de asociacións galegas, e como vimos denunciado dende o ano 2016 diante da Comisión Europea a través de preguntas parlamentarias”.

 A eurodeputada galega aproveitou tamén o contexto do debate desta mañá na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural para, ao fío da laxitude ca que Estados como o español ou Gobernos como os da Xunta fan uso deste tipo de directivas e regulamentos que teñen entre os seus obxectivos a protección medioambiental, pór sobre a mesa tamén a dobre vara de medir ca que a UE actúa en demasiadas ocasións no tocante á implementación do seu propio corpus lexislativo: “O que dende a sociedade estamos a percibir é que a Comisión Europea ten moito empeño en facer cumprir todas aquelas normativas que son perxudiciais para o conxunto da sociedade -un caso claro foi por exemplo a imposición de recortes en servizos sociais ca desculpa de paliar a estafa financieira do 2008-, pero logo á hora de facer cumprir aquelas que benefician, como por exemplo as medioambientais, non fai absolutamente nada. A Comisión Europea ten que ir máis alá de escoitar o que din os Estados membros nos seus informes, ten que verificar, ter medidas para obxectivamente confirmar se se están a aplicar correctamente estas directivas.”

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies