AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “Cómpre concienciarse do compoñente estratéxico intrínseco ao modelo enerxético e avanzar nas alternativas”

22 Abril, 2016 AGEe, Comisión Europea, crise enerxética, estafa financieira, liberalización sector lácteo, Lidia Senra, Organización Mundial do Comercio, pobreza enerxética, políticas públicas, sustentabilidade, unión da enerxía

 dependenciaenergetuicaeuropea

  • Xornada “Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo”, mañá no Teatro Principal da Estrada, de 10.00 a 19.30hrs.
  • Para unha UE que importa o 53% da súa enerxía, a Unión da Enerxía é unha proposta ao servizo da xeoestratexia política e non dos DDHH

 

Bruxelas, 22 Abril 2016. Dende as 10.00 e até as 19.30hrs. de mañá, sábado 23 de abril, o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte no Parlamento Europeo, desenvolverá a través de AGEe a xornada aberta Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo, que terá lugar no Teatro Principal da Estrada (Pontevedra)[1].

 ÁS 12.00HRS. DE MAÑÁ, SÁBADO 23, LÍDIA SENRA REALIZARÁ UNHA VALORACIÓN DA XORNADA PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA  PROPIA SEDE DA XORNADA, O TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA.

Este espazo informativo e de encontro celebrarase a iniciativa da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, quen destacou que nestes momentos “estase a dar un debate moi importante a nivel da UE en relación ao modelo enerxético; Juncker quere impulsar nesta lexislatura o Mercado Único Enerxético, unha proposta que vai ter grande impacto en toda a poboación europea pero do que a cidadanía carecemos de información suficiente”. “Este é un dos motivos polos que cómpre tomar consciencia xa das múltiples implicacións do modelo enerxético e avanzar nas alternativas ao mesmo construídas dende o social”.

Polo tanto, ademais da presentación de experiencias alternativas reais a nivel enerxético como as identificadas no proxecto cooperativo de orixe catalá Som Energía -e na súa delegación galega Som Enerxía Galiza-, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega e o proxecto cooperativo de orixe vasca Goiener, estas xornadas teñen tamén o obxectivo de facilitar “coñecementos para adquirir unha maior consciencia do compoñente estratéxico dos modelos enerxéticos a nivel xeopolítico”, apuntou Senra; segundo datos da propia UE, “o territorio comunitario importa o 53% da enerxía que emprega, invertendo nela un custo aproximado de 400.000 millóns de euros; polo tanto actualmente a Unión Europea estaría a ser o maior importador de enerxía do mundo”.

Así, debullar colectivamente propostas como a da Unión da Enerxía elaborada pola Comisión Europea, “apuntaranos por exemplo a conexión existente entre esta proposta e as tensións nas relacións entre a UE e Rusia”, avanzou. “E tamén nos aportará novas claves de análise para comprender o que pode suceder no futuro en países como Irán, Irak ou Libia, no punto de mira da Comisión para diversificar as súas fontes de enerxía”. Posto que a UE, como amosa diariamente por exemplo na súa relación con Turquía, non ten problema en mirar para outro lado cando está interesada en establecer acordos con gobernos que non respectan os dereitos humanos da súa poboación, xa varias organizacións internacionais están a avisar da posibilidade de que, unha vez máis, a UE dea o seu apoio a gobernos autoritarios a cambio de satisfacer os seus intereses xeopolíticos[2].

Por outra banda, proseguiu a eurodeputada galega, “que a ninguén se lle escape que o Comisario de Enerxía da UE é un individuo que mantén intereses directos en empresas petrolíferas[3]“, o cal fai dubidar de se Arias Cañete está a funcionar máis como un lobbista que coma un Comisario, “tendo sido moi polémico dende o inicio o seu nomeamento ao incorrer en serios conflictos de intereses“[4]. Logo están tamén as recentes informacións que o relacionan co branqueo de cartos denunciado nos Papeis de Panamá. “Se un individuo coma este é o responsábel europeo de enerxía, xa podemos imaxinar por onte van ir as propostas da UE….”, advertiu a eurodeputada galega.

Con esta xornada dende AGEe procuramos polo tanto, non só dar a coñecer alternativas ao actual modelo enerxético e ás propostas que se pretenden impor dende o neoliberalismo[5], como a nomeada Unión da Enerxía, “senón tamén sensibilizar á cidadanía do compoñente estratéxico que para os pobos, para as nosas vidas, ten cada vez máis a cuestión enerxética”.

A xornada de mañá estruturarase en torno a catro paneis temáticos: O MODELO ENERXÉTICO. VISIÓN GLOBAL DA SITUACIÓN ACTUAL. INSUSTENTABILIDADE E TRANSICIÓN ENERXÉTICA (10.30hrs.), UNIÓN DA ENERXÍA (12:30hrs.), MERCADO ELÉCTRICO NA GALIZA E NO ESTADO ESPAÑOL NO CONTEXTO EUROPEO. NORMATIVA E DÉFICIT TARIFARIO (16.00hrs.) e REFORMAS LEVADAS A CABO NOS ÚLTIMOS TEMPOS. OUTRAS EXPERIENCIAS DE COMERCIALIZACIÓN DENDE O COOPERATIVISMO (18.00hrs.).

 

Preguntas parlamentarias

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, ten realizado preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea solicitando información referida á denominada “gobernanza dos océanos” e a súa relación ca produción enerxética, loita contra a pobreza enerxética e poñendo sobre a mesa o emprego da enerxía como moeda de cambio das grandes empresas nas negociacións cos gobernos a través do exemplo de Alcoa e a chantaxe aos poderes públicos.

 

 

 

 

[1]Ver [NdP180416AGEe] Xornada aberta de debate na Estrada: “Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo”.

[2]Consulta directa a Arias Cañete sobre estas posíbeis repercusións do modelo da Unión da Enerxía: http://www.euractiv.com/section/energy/video/will-energy-union-give-business-to-abusers-of-human-rights/

[3]Foi, alomenos, presidente do Consello de Administración da compañía mercantil petrolífera Ducar, S. L., presidente do Consello de Administración de Petrologis Canarias, S. L., e membro do Consello de Administración de Bami Newco, S. A.: http://www.elmundo.es/espana/2014/04/22/535652d522601def278b4571.html

[4] Información sobre o clima de crispación que xerou este nomeamento: http://www.euractiv.com/section/eu-priorities-2020/news/canete-faces-protests-before-eu-confirmation-hearing/

[5]Análise da Unión da Enerxía dende punto de vista crítico e social: http://www.rosalux.eu/fileadmin/user_upload/energy-union-what-is-behind-it-2015.pdf

 

 

214942-Towards-an-Energy-Union-Front-Cover-1web

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies