AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra apoia un informe do PE que confirma que a austeridade da UE atacou ás persoas máis vulnerábeis

15 Novembro, 2018

 

  • O PE recoñece que a austeridade agravou a precariedade laboral, o desemprego, a exclusión social e a destrución de servizos públicos
  • O Instituto Europeo de Igualdade de Xénero alerta do retroceso en materia de corresponsabilidade nos coidados entre homes e mulleres

 Estrasburgo, 15 de Novembro de 2018. A eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Verde Nórdica/Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, valorou positivamente a aprobación hoxe en sesión plenaria do Parlamento Europeo dun Informe sobre os servizos de asistencia na Unión para a mellora da igualdade de xénero.

“Se ben é certo que ten aspectos moi mellorábeis, penso que é un aceptábel documento de análise, dunha certa profundidade e, sobre todo, que incorpora á posición oficial do Parlamento Europeo cuestións para nós fundamentais, como o recoñecemento de que foron precisamente as políticas europeas de austeridade as que agravaron a precariedade laboral, a pobreza, o desemprego e a exclusión social, limitando ou mesmo eliminando os servizos sociais e públicos”, explicou.

En efecto, malia que o informe podería facer máis fincapé na responsabilidade social colectiva imprescindíbel para que a sostenibilidade da Vida deixe de recaer maioritariamente nas mulleres, nin tampouco despraza do centro da análise a produción material para outorgar ás persoas a centralidade que lle correspondería nun modelo socioeconómico realmente preocupado polo benestar social e medioambiental, é certo que pon de relevancia algunhas “verdades incómodas” da realidade europea.

“Moito se lle enche a boca a algunhas persoas que critican o Feminismo dicindo que a día de hoxe a igualdade entre homes e mulleres, alomenos na UE, xa está conseguida. Pois resulta que unha institución da UE como é o Parlamento hoxe reitera, unha vez máis, que non é certo, que o  índice publicado polo Instituto Europeo de la Igualdade de Xénero no 2016 alerta de que durante os últimos dez anos a tendencia en Europa foi negativa: a proporción de tempo adicado polas mulleres aos coidados e labouras domésticas aumentou en comparación cos homes.”

Concretando esta diagnose, o informe revela que o 80 % dos coidados prestados na Unión corresponde a persoas coidadoras informais non remuneradas, un 75 % mulleres. Ademais un 27,4 % das mulleres con empregos a tempo parcial está tamén coidando de persoas con necesidades asistenciais, sexan nenas/os ou adultas/os, fronte ao 4,6 % dos homes. Esta situación, apunta o Parlamento neste texto, viuse empeorada ademais pola redución das institucións asistenciais públicas para a infancia, persoas de idade avanzada e persoas con diversidade funcional, como consecuencia dos drásticos recortes nos orzamentos sociais dos Estados membros impostos de xeito coordenado sobre a base das normas e directrices de austeridade orzamentaria da Unión, en especial logo da crise financeira.

Por último, a responsábel do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, Lídia Senra, tamén considerou importante que o informe aprobado hoxe redunde en pedir aos Estados membros que garantan unha boa cobertura xeral dos servizos asistenciais públicos, en particular para as persoas que habitan en zonas rurais ou afastadas. “Como temos repetido en moitas ocasións, un medio rural vivo pasa por ter persoas que habiten nel. Para iso é necesario políticas activas de apoio, que abarcan dende actuacións concretas para mellorar os servizos públicos, como apunta este informe, como tamén por unha visión macroeconómica que ten que verse reflectida nun dos maiores paquetes político-económicos da UE como é a PAC.”

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies