AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra acusa á Comisión Europea de estar “eludindo o debate” dos organismos xeneticamente modificados

17 Decembro, 2015 acordos comerciais, AGEe, agricultura, benestar animal, clonación, clonaxe, Comisión Europea, contaminación, crise agrícola europea, crise de dereitos, dereito a decidir, economía rural, liberalización, libre mercado, Lidia Senra, Organización Mundial do Comercio, PAC, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos
  • O Parlamento Europeo aprobou unha resolución que insta á Comisión Europea a non comercializar o millo transxénico NK603xT25
  • A maioría da poboación comunitaria é contraria aos organismos xeneticamente modificados e non confían neles como alimentos

Estrasburgo, 17 Decembro 2015. Que a Comisión Europea está fortemente influenciada polo lobby pro-transxénico é, lamentabelmente, unha realidade ben coñecida. Non obstante, non deixa de resultar fondamente indignante cando esta institución, que supostamente ten que representar a vontade da poboación comunitaria, despreza a opinión pública europea maioritariamente contraria aos organismos xeneticamente modificados[1].

Onte o Parlamento Europeo (PE) aprobou unha resolución que insta á Comisión Europea a derogar a súa Decisión de Execución (UE) 2015/2279, pola que o pasado 4 de decembro autorizou a “comercialización de produtos que estean compostos de millo modificado xeneticamente NK603 × T25 (MON-ØØ6Ø3-6 × ACS-ZMØØ3-2), que o conteñan ou se teñan producido a partir del”.

Segundo o práctica lexislativa, malia a que non se trata dun procedemento de co-lexislación senón de consulta, a Comisión tiña a obriga de presentar un borrador ao Parlamento para coñecer a súa opinión antes de tomar a decisión de aprobar a comercialización deste millo. Porén, malia a contar xa ca posición contraria da Comisión de Medioambiente do Parlamento Europeo dende o día 1 de decembro, a Comisión non so a obviou, senón que nin tan sequera agardou a coñecer a opinión do Parlamento en sesión plenaria, dando mostra dun ninguneo cara as responsabilidades da Eurocámara totalmente intolerábel, e mesmo non respectando incluso o propio procedemento.

 A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, acusou á Comisión de estar “tentando eludir o debate dos organismos xeneticamente modificados”, dando unha mostra do forte poder que as multinacionais da industria transxénica opera sobre as institucións europeas.

Aliás, tanto na resolución aprobada onte en sesión plenaria como na aprobada pola Comisión de Medioambiente do PE, sinálaselle á Comisión que o actual sistema de aprobación para os alimentos modificados xeneticamente non está funcionando correctamente[2] e advírteselle que non é coherente ca lexislación da Unión ao ser incompatíbel co propósito dos Regulamentos (CE) 1829/2003 e (CE) 396/20, polo que “resulta realmente indignante que a Comisión non so desoia por completo estas advertencias, senón que ademais estea a optar por oporse frontalmente ás indicacións do Parlamento”.

 “A sociedade europea non queremos os transxénicos, moitas persoas somos conscientes dos efectos negativos dos organismos xeneticamente modificados” -entre os que destacan as afeccións na saúde humana e o deterioro do medioambiente-, “e tamén as labregas e labregos, que padecemos moi de perto a súa ditadura das patentes e a imposición do actual sistema agroindustrial”, reiterou a eurodeputada galega.

Fronte ao acontecido ca autorización deste millo transxénico, Senra esixiu á Comisión Europea “que cumpra dunha vez por todas ca súa función, que é precisamente velar polos intereses xerais da UE comprobando que se cumpre a lexislación comunitaria”, e que deixe de protagonizar “manipulacións da vontade lexislativa da UE tan vergoñentas e perigosas para a poboación como esta”.

 

 

[1]Segundo datos do Eurobarómetro especial sobre biotecnoloxía publicado no ano 2010 (Páx.18), o 61% da poboación europea considera que os alimentos modificados xenéticametne faille sentirse “incómoda”. Ademáis, o 61% non está dacordo en que se alente o seu desenvolvemento, o 59% pensa que non é seguro para a súa saúde e a da súa familia e o 58% non os considera alimentos seguros para novas xeracións.

[2]”Failles dans l’homologation de six maïs OGM en Europe”, Le Monde, h ttp://www.lemonde.fr/planete/article/2015/10/14/failles-dans-l-homologation-de-six-mais-ogm-en-europe_4788853_3244.html

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies