AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra á UE: “Retiren o PEPP e póñanse a traballar xa para garantir sistemas públicos de pensións”

13 Setembro, 2018 GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo pensións, PEPP, pleno
  • Tamén esixiu pór fin á brecha de xénero e á desigualdade que afecta a quenes traballan na agricultura, no mar e persoas autónomas en xeral
  • Apelou á posta en marcha de medidas que garantan que pasar da vida laboral activa á xubilación non signifique entrar na pobreza

Estrasburgo, 13 de setembro de 2018. Durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo (PE) que está a ter lugar en Estrasburgo durante esta semana celebrouse, a petición expresa do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), o debate “O futuro das pensións: a loita contra a privatización e o fortalecemento dos sistemas de seguridade social pública universal”.

A eurodeputada galega do GUE/NGL, Lídia Senra, reiterou unha vez máis a esixencia da retirada do Produto de Pensións Individuais (PEPP), unha proposta da Comisión Europea que, como lembrou o grupo parlamentario da propia Senra a través dunha nota de prensa, resposta aos intereses de empresas de investimento global como Black Rock.

Senra, que xunto co eurodeputado portugués Miguel Viegas (GUE/NGL) rexistrou no mes de abril un total de 16 emendas ao texto que se presentou na Comisión de Asuntos Económicos do PE, e que impulsou a participación de 30 activistas galegas/os na xornada “Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?” celebrada nos mes de xaneiro no PE, apelou novamente no hemiciclo da Eurocámara á responsabilidade das institucións comunitarias. “Ter unha pensión digna non pode depender da capacidade individual de aforro de cada persoa, ten que ser garantida polas institucións públicas, por iso pido ao Parlamento e ao Consello a retirada do Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais (PEPP)”.

No canto de facer o xogo aos intereses de entidades financeiras e compañías de seguros e de xestión de activos, retrucou, instou á Comisión, Consello e Parlamento a traballar conxuntamente nun novo regulamento “que garanta sistemas de pensións públicos e pensións públicas dignas, así como medidas que aseguren que pasar da vida laboral activa á xubilación non signifique entrar na pobreza”.

A eurodeputada galega esixiu á UE adoptar unha posición que implique pór fin á desigualdade que se produciría de ir adiante o Produto Panaeuropeo de Pensións Privadas. “Queremos que os orzamentos públicos garantan as pensións públicas, o fin da fenda de xénero nas pensións e tamén a discriminación das persoas que traballan na agricultura, no mar e autónomas en xeral”. “O artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos di que todos e todas temos dereito a un nivel de vida axeitado, os e as pensionistas tamén. Fagamos que se respecte”, defende.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies