AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra á UE: “Invoquen o Artigo 7 do Tratado da Unión Europea e non consintan máis vulneracións dos DDHH en Catalunya”

4 Outubro, 2017
  • Acusa ao Estado de non estar disposto a dialogar e pide “altura de miras” á UE para facer cumprir a súa Carta de Dereitos Fundamentais
  • Alerta de que consentir máis represión contra o pobo catalán e as súas institucións afondará na desafección existente con respecto á UE

 

Senra_041017_stop state repression in catalonia--
Acción de protesta contra a represión do Estado español en Catalunya, convocada polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria europea/Esquerda Verde Nórdica durante a sesión plenaria en Estrasburgo

Estrasburgo, 04 de Outubro de 2017. Lídia Senra reclamou hoxe na sesión plenaria do Parlamento Europeo unha maior implicación da Unión Europea para facer fronte á situación de vulneración de dereitos humanos que o Estado español está a provocar en Catalunya. Á vista do expresando onte por Felipe VI, “ficou claro que o Estado non está disposto a dialogar”, lamentou a eurodeputada galega, “non so empregou un ton intolerante e parcial, se non que non tivo nin un so xesto coas vítimas da brutal represión policial”.

Facéndose eco das valoracións do Equipo Internacional de Investigación de Expertos/as Electorais (IEERT) desprazados a Catalunya, cuxas conclusións foron dadas a coñecer nestes días pola Dra. Helena Catt, voceira desta delegación, Senra aproveitou a súa intervención para citar textualmente parte deste informe: “Asistimos a acontecementos que ningún observador de eleccións debe testemuñar xamais. Agardamos non voltar presenciar nunca escenas desta natureza. Vimos numerosas e repetidas violacións dos dereitos civís e humanos. Inda máis, fica claro que foi unha operación orquestrada, de estilo militar, coidadosamente planeada. Deixounos atónitos que oficiais armados e enmascarados entraran nas mesas electorais co propósito de impedir un proceso democrático pacífico”. O texto presentado polo IEERT, ademais, invocou a respectar o proceso do referendo.

Fronte a situación de forte tensión creada en Catalunya, Lídia Senra exhortou ás institucións comunitarias a ter “altura de miras” e  facer cumprir os seus valores, asumindo dunha vez por todas que “o Estado español vulnerou os dereitos humanos e a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea durante o referendo catalán”. Unha Unión Europea que elude a súa capacidade de mediar neste conflito é unha UE integrada por “unhas institucións que renuncian aos seus valores fundamentais”, denunciou. “Consentir máis represión sobre o pobo catalán e as súas institucións só provocará máis desafección da Unión Europea”, advertiu, “invoquen xa o Artigo N°7 do Tratado da Unión Europea e non consintan máis vulneracións dos dereitos humanos”.

Aliás, nunha reunión mantida onte polo Grupo Confederal da Esquerda Verde Nórdica/Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), a eurodeputada galega trasladou ás formacións políticas deste seu grupo parlamentario a nivel europeo a emoción vivida en Catalunya o pasado domingo[1]. “Nunca esquecerei ver ás persoas maiores, e non tan maiores, nas mesas dos colexios electorais, chorando de impotencia e de raiba ante a situación que estaban vivindo. Eu nunca esquecerei como cada persoa que conseguía votar vivíao como unha enorme vitoria e un grande triunfo democrático”, relatou.

Así pois, para comezar a falar de superar a actual situación de conflitividade, abondou Senra no seu informe ao GUE/NGL, “primeiramente hai que entender que Catalunya non é España. Temos que comprender iso porque, se non, caemos na tentación de pensar que nós somos quen temos que dicir o que ten que facer o pobo catalán, e  iso correspóndelle exclusivamente ao pobo catalán, igual que nos corresponde ao pobo galego ou ao pobo vasco decidir sobre o noso futuro”. Asemade, subliñou que “é un exercicio de democracia entender, respectar e recoñecer os resultados do 1 de outubro”, a culminación dun proceso que visibilizou que “loitando polo dereito de autordeterminación e a independencia hai sectores de toda a sociedade catalá”.

Ademais, a eurodeputada galega instou ao GUE/NGL a posicionarse esixindo a saída de Catalunya da Policía Nacional e da Guardia Civil, xa que a súa presenza “está xerando confrontación, crispación e provocación”; así como a non tolerar e facer fronte ás ameazas de suspensión do autogoberno de Catalunya insinuadas dende o Goberno central.  A situación que se está a vivir nestes momentos no Estado español, “é unha oportunidade para avanzar en democracia e dar inicio á creación da Europa dos pobos en lugar da actual Europa dos Estados represores que non permiten o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman as súas realidades plurinacionais”, concluíu Lídia Senra.


[1] Pódese acceder ao informe presentado onte na reunión do GUE/NGL a través deste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Lly–z3PqAo&feature=youtu.be

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies