AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “A OMC usurpa a soberanía dos pobos, os dereitos das persoas e vulnera as leis de protección da Natureza”

15 Novembro, 2017

 

  • Acusa á UE de ser unha das principais potencias responsábeis de socavar os dereitos dos pobos a favor dos intereses das empresas transnacionais
  • Critica a aprobación hoxe dunha resolución que redunda no apoio á OMC de cara ás negociacións que van ter lugar en Bos Aires en decembro

Estrasbugo, 15 de Novembro de 2017. Reunido durante esta semana en sesión plenaria en Estrasburgo [ORDES DO DÍA], o Parlamento Europeo vén de aprobar unha resolución ao respecto do papel da Unión Europea no cumio da Organización Mundial do Comercio (OMC) que vai ter lugar do 10 ao 13 de decembro en Bos Aires (Axentina). A deputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra, que hoxe opúxose co seu voto á aprobación deste texto, denunciou que a OMC non é máis que “un instrumento do neoliberalismo” do que esta ideoloxía económica capitalista estase a servir para afondar no desregulamento dos mercados e das producións, así como na privatización a nivel global.

“A prosperidade económica que prometen non existe”, aseverou, “os acordos de libre comercio que fomentan son para darlle facilidades ás corporacións transnacionais para seguir obtendo grandes beneficios á costa de explotar cada vez máis á clase traballadora, ao campesiñado, aos pobos orixinarios, a terra, os territorios e os recursos naturais”.

A controvertida Organización Mundial do Comercio é unha ferramenta ao servizo das corporacións multinacionais creada a mediados da década dos anos noventa, froito dos pactos da Ronda de Uruguai do Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT, polas súas siglas en inglés). Impulsada co obxectivo deseñar e controlar as normas do comercio internacional, os seus principais actores son a Unión Europea e os Estados Unidos de América. A OMC está marcada dende o seu inicio por unha forte oposición social. Das mobilizacións históricas de Seattle no ano 1999; pasando polo fracaso da Ronda de Doha (2001),  as novamente fortes mobilizacións de Cancún (2003) e as importantes tensións entre países enriquecidos e empobrecidos visibilizadas en Nairobi (2015), contará tamén en decembro deste ano en Bos Aires cunha fortísima oposición organizada dende diversos sectores sociais.

“A través da OMC e dos acordos de libre comercio, as grandes corporacións están tratando de usurpar a soberanía dos pobos, minando a capacidade dos gobernos democraticamente elixidos para tomar medidas lexislativas que podan protexer os dereitos da poboación e do medio ambiente fronte aos abusos das multinacionais”, denunciou a eurodeputada galega. Aliás, Senra amosou o seu forte rexeitamento a que a Unión Europea siga a ser un dos principais axentes  impulsores dunha dinámica comercial que precisamente atenta contra os valores democráticos que as propias institucións comunitarias din defender. “A agricultura, os servizos públicos, os medicamentos, os bens comúns… Teñen que estar fora das gadoupas da OMC”, esixiu.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies