AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “A crise agraria europea reflicte o fracaso dunha PAC feita á medida das directrices neoliberais”

12 Abril, 2016 acordos comerciais, AGEe, agricultura, Comisión Europea, cotas, crise agrícola europea, dereitos humanos, estafa bancaria, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, Organización Mundial do Comercio, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos

 120416_Crise Agraria UE

 

  • Esta mañá o Parlamento Europeo debateu en sesión plenaria sobre a situación de crise que padece o sector agroalimentario europeo
  • AGEe reiterou a necesidade de afastarse das pautas neoliberais avogando polo o establecemento de políticas agrarias públicas

 Estrasburgo, 12 Abril 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, aproveitou na mañá de hoxe a súa quenda de intervención no debate sobre a crise agraria en sesión plenaria do Parlamento Europeo, para instar á Comisión Europea a “abandonar propostas inmobilistas repetidas durante os últimos trinta anos e que nos levaron á situación de crise onde estamos agora”.

A actual crise agraria na Unión Europea “pon de manifesto o fracaso dunha PAC feita á medida das directrices neoliberais”, analizou Senra. E, para facerlle fronte, resulta imprescindíbel o establecemento de políticas públicas “que partan da regulación da produción e da priorización dos mercados internos, garantindo que a produción alimentar estea en mans de labregas e labregos”.

A eurodeputada galega defendeu na Eurocámara a necesidade de políticas públicas “que fagan un reparto xusto do dereito a producir e que sitúen os prezos dos produtos agrícolas no centro da Política Agraria Común, so así daremos resposta a esta crise”. Outro tipo de posicionamentos, advertiu, “son propostas inmobilistas que só nos levan a afondar a situación de crise que temos”.

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2016/04/VODUnit_20160412_11223300_11240700_1fa0724815407027187-165c.mp4

Intervención da eurodeputada de AGEe Lídia Senra en sesión plenaria.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies