AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Señor Juncker e señor Tusk, escoiten á poboación e dean por finiquitadas e fallidas xa as negociacións do CETA

26 Outubro, 2016 AGEe, Canadá, CETA, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, Unión Europea
  • Lídia Senra insta aos presidentes da Comisión e do Consello Europeos a deixar de actuar como “títeres das multinacionais” 
  • Rexistra unha intervención por escrito no Parlamento Europeo pedindo que deixen de presionar a Valonia e asuman a soberanía dos pobos

Estrasburgo, 26 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou hoxe no Parlamento Europeo unha declaración por escrito na que lle esixe ao presidente da Comisión Europea e ao presidente do Consello Europeo, os señores Jean-Claude Juncker e Donald Tusk, respectivamente, que non sigan prolongando innecesariamente as negociacións sobre o CETA (Acordo Económico e de Comercio Global da UE con Canadá), e que escoiten á poboación e as dean xa por fallidas e finiquitadas.

Despois do debate que tivo lugar esta mañá no pleno da Eurocámara en Estrasburgo, sobre “Conclusións da reunión do Consello Europeo dos días 20 e 21 de outubro do 2o16”, Lídia Senra decidiu presentar unha declaración na que dirixíndose a Juncker e a Tusk defende que o rexeitamento que a cidadanía europea e o Parlamento de Valonia manteñen cara ao CETA non é máis que unha sinal de que a poboación e algunhas institucións “están asumindo as responsabilidades que lle corresponderían a vostedes: Defender a democracia e a soberanía dos pobos fronte aos intereses e ao poder das multinacionais”.

Fronte á insistencia por parte de Juncker e de Tusk de seguir intentando desbloquear a sinatura do CETA que estaba prevista inicialmente para mañá xoves, Lídia Senra ínstaos a “ter en conta que a cidadanía non quere este acordo de nova xeración que converte aos Gobernos e aos Parlamentos que nós escollemos en marionetas das multinacionais”.

“Non queremos un acordo que hipoteca o noso futuro, que elimina o principio de precaución e que converte dereitos recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos como son a Saúde e a Educación en mercadoría accesible soamente para quen poida pagar eses servizos”, recolle a declaración por escrito de Senra. “Non prolonguen innecesariamente máis isto. Escoiten á poboación, deixen de presionar a gobernos como o de Valonia –que votou contra o acordo- que responden aos intereses da poboación. Poñan fin ás negociacións do CETA xa”, conclúe a eurodeputada galega.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies