AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Segunda denuncia de Lídia Senra na CE sobre posibles irregularidades do vertedoiro de Lousame

15 Outubro, 2016 AGEe, GUE/NGL, impacto ambiental, Lidia Senra, Lousame, medio ambiente, residuos industrias, saúde, vertedoiro
  •  A deputada rexistra unha nova pregunta por escrito á Comisión dando conta de carencias no informe de impacto sobre a saúde da poboación 
  • Pídelle a Europa que se pronuncie sobre se o texto da Xunta cumpre as normativas internacionais para emitir o informe de impacto ambiental 

lidia-senra-asinando-contra-o-vertedoiro-de-lousame

Santiago, 15 outubro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou este venres unha nova denuncia no Parlamento Europeo relativa a posibles irregularidades do proxecto de macrovertedoiro de residuos industriais de Lousame. Hai exactamente unha semana Lídia Senra rexistraba en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea (CE) na que lle pedía que investigase o mencionado proxecto e que instase ás autoridades galegas e estatais implicadas a explicar os motivos polos cales un proxecto que vulnera normativas internacionais e nacionais referidas ao coidado do medio ambiente, da calidade das augas, e da xestión de residuos, que debe tender a minimizar o enterramento de residuos, se seguía promovendo. E sete días despois, Lídia Senra ven de rexistrar unha segunda pregunta por escrito, dirixida tamén á Comisión Europea, e centrada desta volta nas carencias do informe de impacto sobre a saúde da poboación afectada emitido pola Xunta de Galiza.

Na súa nova pregunta, a eurodeputada explica que a Consellería de Medio Ambiente da Xunta lle reclamou no pasado mes de agosto á Consellería de Sanidade que elaborase un informe sobre o posible risco para a saúde humana e os impactos sobre a poboación e medidas correctoras para a súa protección. Non obstante, aproximadamente un mes despois, a finais de setembro, a Consellería de Sanidade emitiu un informe de escasamente media folla, no que obvia totalmente o solicitado e se limita a recoller que a auga de abastecemento das instalacións empresariais do macrovertedoiro deberá ser apta para o consumo humano e que a auga quente dos baños dos vestiarios do persoal deberá cumprir os criterios hixiénico-sanitarios.

Lídia Senra considera que o informe emitido por Sanidade non responde en absoluto ao que pide Medio Ambiente. “Non hai informe  sobre o impacto que este macrovertedoiro terá sobre a saúde das persoas que viven na zona de Lousame nin sobre que medidas habería que  tomar para protexer a saúde da veciñanza e a calidade das augas e do medio ambiente do lugar”, asegura. “Nós entendemos que esta é unha carencia grave e que, de ningún xeito, a Consellería de Medio Ambiente podería emitir un informe favorable de impacto ambiental”, explica a eurodeputada. “A vista desta realidade entendemos como proxectos que afectan negativamente ao medio ambiente obteñen habitualmente o informe de avaliación ambiental positivo, e unha vez obtido e cando se lle pregunta á Comisión Europea, esta limítase a dicir que consultadas as autoridades competentes do Estado todo está ben”, denuncia a representante de AGEe.

Por eso,Lídia Senra pregúntalle agora á CE se dito informe cumpre cos requisitos establecidos na Directiva 2011/92/UE e se é suficiente para conceder a autorización ambiental integrada ao proxecto que prevé instalar un vertedoiro en Lousame, xusto enriba da aldea do Mirón, con capacidade para 770.000 toneladas de residuos industriais e perigosos e a construción de dúas balsas de lixiviados.

O obxectivo desta pregunta tamén é poñer en antecedentes á Comisión Europea sobre esta situación para que asuma as súas responsabilidades e vele para que as avaliacións de impacto ambiental sexan serias e rigorosas.

2a-pregunta-a-ce-denuncia-sobre-vertedoiro-de-lousame

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies