AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Sae á luz o primeiro número do boletín informativo periódico “A nosa voz en Europa”

9 Agosto, 2016 A nosa voz en Europa, AGEe, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, revista, UE
  • A revista, que se reparte en Galiza de forma gratuíta, nace para dar a coñecer de forma directa o traballo da eurodeputada de AGEe 
  • Lídia Senra fai un chamamento a incluír na axenda galega os asuntos abordados nas institucións da UE, que “afectan a diario ás nosas vidas” 

 

Portada Boletin A Nosa Voz en Europa Nº1Santiago, 9 agosto 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de lanzar o primeiro número do boletín informativo “A nosa voz en Europa”, un boletín que nace con vocación de ser unha publicación de carácter periódico, e que pretende que a poboación galega coñeza de forma directa o labor que está a realizar nas institucións europeas para defender as loitas das galegas e galegos en todos os sectores.

A versión impresa do numero 1 de “A nosa voz en Europa”, que conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, está a ser xa distribuída de xeito gratuíto na Galiza; ademais, todas aquelas persoas que o desexen, tamén poden acceder xa á versión dixital da revista en PDF, a través da propia web de AGEe. O obxectivo de iniciar este novo modelo informativo é incidir na axenda diaria galega e que a maioría de homes e mulleres tomen conciencia de que os asuntos abordados tanto na Comisión Europea como no Parlamento Europeo, a pesar de tratarse de lugares tan afastados de Galiza como poden ser Bruxelas ou Estrasburgo, afectan a diario ás nosas vidas e son temas que se deben ter presentes e seguir moi de preto.

Lídia Senra destaca que durante o tempo que leva sendo eurodeputada ven observando como “moitas decisións que atoparemos no DOG e no BOE dentro de varios anos se están decidindo agora no Parlamento Europeo e sen embargo acostuman a pasar desapercibidas neste momento”. “Despois, cando as apliquen, darémonos conta do dano que provocan no noso día”, advertiu.

Cunha maquetación e deseño a toda cor, realizado polo estudio compostelán Numax, o primeiro número de “A nosa voz en Europa” recolle a actividade que se desenvolveu desde que comezou a presente lexislatura europea, en xullo de 2014, e até principios desde ano 2016. Neste tempo, a eurodeputada de AGE rexistrou en Bruxelas 140 preguntas parlamentarias por escrito á Comisión e ao Consello Europeo relativas a agricultura e alimentación, sector pesqueiro, dereitos humanos e sociais, mulleres, sanidade, ensino, emprego, medio ambiente, benestar animal, infraestruturas ou tratados de libre comercio.

No boletín tamén se recollen as xuntanzas de traballo mantidas por Lídia Senra neste tempo, as súas intervencións nas sesións plenarias e nas diferentes comisións, así como todas as xornadas organizadas por AGEe en colaboración co GUE/NGL e con outras organizacións en Galiza e en Bruxelas.

A idea é continuar o camiño e poder publicar a finais deste ano o segundo número da revista, recollendo toda a actividade do 2016; e a partir de aí, que o boletín teña un carácter semestral nos sucesivos 2017, 2018 e 2019, ano no que remataría a lexislatura actual.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies