AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Sae á luz o libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”, coordinado por Lídia Senra

3 Marzo, 2018 AGAMME, Estrela Gómez, feminismo, GUE/NGL, libro, Lidia Senra, mulleres, Sandra Pesqueira
  • Inclúe 15 artigos de diferentes autoras na defensa dos dereitos das mulleres e distribuirase de forma gratuíta en versión dixital e impresa 
  • A deputada reclama a necesidade de que as mulleres ocupemos os espazos que nos coresponden para avanzar na loita polos nosos dereitos

Sandra Pesqueira, Estrela Gomez e Lidia Senra, desde a esquerda, na rolda de prensa II_2656x1494

Santiago, 3 de marzo de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra defende a necesidade de que as mulleres sigamos reuníndonos, reflexionando e encontrándonos en foros para que poida avanzar a loita pola igualdade e poder facerlle fronte aos machismos que continúan presentes na nosa sociedade. Así o asegurou este sábado durante a presentación, en rolda de prensa en Santiago de Compostela, do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”, que sae á luz editado e prologado e coordinado por ela mesma, e que inclúe unha quincena de artigos de diferentes autoras que teñen en común a defensa dos dereitos femininos. A publicación recolle textos de mulleres que participaron na xornada de formación organizada pola propia Senra en novembro do 2016 en Ourense baixo o mesmo título que o libro, e tamén de mulleres que participaron na xornada organizada no Parlamento Europeo en novembro do 2015 sobre o nesgo machista co que actúa moitas veces o estamento xudicial.

Portada libro feminismoNa rolda de prensa, na que tamén participaron a concelleira de Marea Marín, Sandra Pesqueira, e a Coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), Estrela Gómez Viñas, a eurodeputada afirmou que publicacións como esta son moi importantes para divulgar a loita feminista e máxime tendo en conta como “reaccionan moitas veces os partidos políticos, incluso da esquerda, fronte aos machismos, que parece que queren crear alterantivas para as mulleres pero sen as mulleres”, denunciou. “As mulleres debemos ocupar os espazos que nos corresponden como única forma para facer avanzar incluso aquelas leis que están aprobadas para protexer o dereito das mulleres pero se están aplicando con nesgo machista”, denunciou. Así, reclamou a necesidade de artellar programas exhaustivos de formación en xénero para todos os funcionarios e funcionarias que traballen aplicando a lexislación. É unha priodidade e debemos seguir traballando neste sentido”, dixo.

Neste sentido, Sandra Pesqueira agradeceu a Lídia Senra o apoio que esta eurodeputada “nos presta sempre ás concelleiras que traballamos en pequenos municipios”. “Este tipo de publicacións parécennos moi importantes para difundir a loita feminista e para as mulleres que estamos nas vilas e ás que moitas veces nos é dificultoso acceder a este tipo de iniciativas”, declarou.

Estrela Gómez, pola súa banda, tamén transmitiu o seu agradecemento a Lídia Senra e dixo que sen o seu apoio non tería sido posible presentar a demanda que se rexistrou na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre a mala aplicación das normativas europeas que está levando a cabo na praxis xudicial no Estado español no que ten que ver coa violencia de xénero e coas nenas e nenos que sofren maltrato. “Poder ter un documento escrito como é este libro, que recolla as ponencias da xornada na que participou AGAMME no 2015 en Bruxelas é fundamental porque necesitamos asentar un debate e un discurso para que se visibilice o problema das nenas e nenos que sofren violencia no ámbito familiar e para apoiar ás mulleres que se atreven a denunciar violencia na súa casa”, afirmou. Así, Gómez denunciou que “ a muller que decide denunciar está nunha situación non todo o defendida que debería estar” e ante iso, “é de agradecer unha política como Lídia Senra que leva estes temas aos espazos públicos”.

Así, na primeira parte do libro recóllense artigos de por exemplo a feminista e profesora da Universidade de Valladolid Alicia H. Puleo, sobre o ecofeminismo; da brasileira doutoranda en socioloxía Eliane de Moura Martins, sobre o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de machismos; de Fiadeiras, o Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), sobre a acción social desde o feminismo e a súa experiencia de traballo; das membros de Anova Ourense Nerea Conde e Tania Bouzo, sobre participación política e liderado feminino; da deputada de En Marea no Parlamento Galego Paula Verao, sobre a loita contra a precariedade e pobreza laboral feminina; e da Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Rosa Álvarez, sobre como os micromachismos cimentan o patriarcado.

Xa na segunda parte do libro, recóllense artigos da eurodeputada do GUE/NGL Ángela Vallina, sobre a figura da Síndrome de Alienación Parental (SAP) como reforzo do heteropatriarcado nas sociedades europeas; da concelleira de Marea de Vigo Marga López Barreiro, sobre o nesgo machista na xustiza; da psicóloga clínica forense e experta en vitimoloxía e violencia de xénero Sonia Vaccaro, sobre a utilización pretendida do SAP como unha forma de violencia machista máis; da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, sobre as dificultades da violencia machista nos procesos xudiciais; de Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), sobre por que se debe incluír a cuestión dos dereitos da infancia no debate sobre o nesgo de xénero presente nas institucións; da coordinadora da Área de Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), Ana Eiras, sobre a realidade das mulleres labregas; e de Rosa Álvarez novamente, desta vez cunha ollada desde a psicoloxía á violencia contras as mulleres para unha abordaxe integral do problema.

O libro está dispoñible xa en aberto na súa versión dixital na propia web de Lídia Senra e tamén conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares impresos que se distribuirán de xeito gratuíto por toda Galiza.

Apoio á folga do 8 de marzo e viaxe ao Parlamento Europeo dunha delegación de 24 galegas 

Lidia Senra facendo declaracions antes da rolda de prensa II_2656x1494Na rolda de prensa de hoxe, Lídia Senra tamén aproveitou para amosar o seu total apoio á convocatoria de folga feminista prevista para este 8 de marzo e á manifestación convocada polo feminismo para este domingo, 4 de marzo, que sairá de Urzaiz ás 12:00 horas da mañá, en Vigo, e á que ten previsto asistir. “Todas debemos participar para poñer en evidencia os problemas aos que nos enfrontamos todos os días. É necesario un cambio para todas as mulleres e facemos desde aquí un chamamento a secundar tanto a folga de consumo, como a estudiantil, a de coidados e a laboral”, dixo Sandra Pesqueira. “Se nós, as mulleres, paramos, o mundo tamén para”, zanxou, animando tamén a secundar as actividades que estes días se están a organizar igualmente nas pequenas localidades galegas como pode ser o caso de Marín, onde xa o venres pasado houbo unha charala e o vindeiro 8 de marzo ás 20:30 horas terá lugar unha manifestación para reivindicar os dereitos das mulleres.

Así mesmo, a eurodeputada avanzou que a próxima semana un grupo formado por 24 galegas, integrantes de diferentes colectivos feministas, viaxarán ao Parlamento Europeo, a iniciativa dela, para participar nas actividades do Foro Internacional Feminista ‘Feminismo sen fronteiras’ que organiza este ano o Grupo Parlamentario Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e que se desenvolverá os días 6, 7 e 8 de marzo en Bruxelas. 

Cortes de audio de Lídia Senra:

http://bit.ly/2FjUogB

http://bit.ly/2tdD9ZD 

Audio de Sandra Pesqueira:

http://bit.ly/2F9B3zy 

Audio de Estrela Gómez:

http://bit.ly/2tggKei

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies