AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Rexeitamos unha xestión de fondos europeos que segue relegando a segundo plano ás persoas e ó medioambiente

13 Febreiro, 2019

 

  • Lídia Senra votou en contra da proposta de regulamento de fondos europeos aprobada na mañá de hoxe polo Parlamento Europeo
  • Malia a retirada da posibilidade de suspensión de fondos se non se cumpre cas disposicións da UE, o informe carece de ambición social

Estrasburgo, 13 de Febreiro de 2019. O Parlamento Europeo vén de aprobar a  proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, así como as normas financieiras para ditos Fondos e para o Fondo de Asilo e Migración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Xestión das Fronteiras e Visados (COM(2018)0375 – C8-0230/2018 – 2018/0196(COD)).

A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra opúxose co seu voto a este informe ao considerar que, malia a que finalmente foi suprimida a proposta da Comisión de poder retirar fondos a aqueles Estados que non cumpran ca denominada condicionalidade macroeconómica ou macrocondicionalidade -é dicir, co que as premisas capitalistas neoliberais europeas consideran unha “boa” gobernanza económica-, o informe non satisface o cambio de orientación nas políticas de desenvolvemento europeas que unha situación de urxencia social como a actual requiren.

 “Non hai un cambio claro na orientación dos fondos, non hai un cambio claro para apoiar os sectores produtivos do País, non hai un cambio claro para apoiar ás pequenas empresas, non hai un cambio claro para apoiar os sistemas públicos de saúde ou o ensino”, incidiu Senra na quenda de explicacións de voto.

A articulación dos fondos no marco das normas financierias establecidas neste informe, en tanto que absolutamente continuistas das premisas neoliberais da UE continúan “mermando o público para seguir engordando os intereses do capital, como sucederá, por exemplo, co produto panaeuropeo de pensións individuais que se acaba de acordar nas negociacións tripartitas”.

“Estamos moi lonxe de atoparnos diante dun texto que mellore a actual xestión dos fondos europeos.  Por poñer un caso concreto, votamos a favor de que as áreas que descendan de categoría no período 2021-2027, como Galiza, manteñan o mesmo nivel de asignacións que tiñan no 2014-2020. Está ben, porque a outra opción era que recibira menos fondos. Pero o realmente relevante é que nos atopamos con un plantexamento económico por parte da UE que, non só non contempla a posibilidade de incrementar fondos naquelas áreas que se viron especialmente afectadas pola estafa financeira e as decisións políticas que supuxeron unha precarización social xeralizada, senón que incluso a proposta inicial da  Comisión Europea era reducírllelos.”

https://lidiasenra.gal/wp-admin/post.php?post=3929&action=edit

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies