AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018

 

  • Lídia Senra alerta de que Galiza “non se pode permitir” renunciar a dar a batalla por unha política agraria adaptada á nosa realidade
  • A eurodeputada galega, coordenadora do GUE/NGL na Comisión de Agricultura, critica a posición trasladada no Consello de Ministrxs da UE

Bruxelas,  16 de Outubro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, coordenadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, considera que Galiza “non se pode permitir” a posición trasladada onte polo Conselleiro do Medio Rural durante o Consello de Ministros da UE.

Senra acusa ao representante da Xunta de Galicia de “desleixo e abandono” das súas responsabilidades, xa que “precisamente el deberíase preocupar das particularidades implícitas no desenvolvemento de políticas agrarias para Galiza; e obviamente negar que estas existen e decantarse por unha PAC 2020 que considere ao Estado como un todo homoxéneo é absurdo. Inda non se enterou da importancia que ten a agricultura no noso país, economicamente e tamén para a ordenación do noso territorio e a conformación da nosa identidade como pobo? O goberno dun país non pode renunciar a plasmar a súa propia política agraria e deixala diluída nunha posición estatal. Isto é renunciar ás competencias que ten o Goberno galego”.

Se é inevitábel a elaboración dun plan estratéxico, abondou a eurodeputada, “non é realista acordar un plan estratéxico estatal”. En todo caso,  o que precisariamos sería “un plan estratéxico galego, pero feito co sector agrícola e gandeiro do País e non feito por unha consultora contratada pola Xunta ou polo Ministerio que sega o mesmo ou semellante esquema”.

Segundo o que se prevé da actual reforma da PAC para o periodo 2021-2027, os Estados membro van ter unha significativa marxe de actuación na redistribución dos fondos. Isto afectará, por exemplo, en cuestións básicas como a propia definición do que é unha agricultora ou agricultor xenuino, a que sectores destinar os pagos acoplados, que porcentaxe adicar ao denominado “eco-esquema” etc. “Ca posición presentada onte por Luís Planas no Consello de Ministrxs da UE o Estado quere deixar claro que non quere molestar a quen recibe as grandes axudas, deixando aos outros  e ás outras como están ou peor. Á Xunta do PP  tamén lle interesa neste caso asociarse cos intereses do Goberno estatal do PSOE, porque facer un plan estratéxico propio significaria tamén que a Consellería se defina no modelo agrario que quere para Galiza”.

Na Galiza non hai grandes perceptores  do primeiro piar da  PAC, mesmo hai sectores moi importantes, como o do viño ou a horta,  que nin sequera teñen pagos do primeiro piar. As cantidades grandes que aparecen ás veces, refírense ás axudas do segundo piar, as de Desenvolvemento  Rural que cobran tamén  industrias, concellos, grupos Leader, etc. No primeiro piar da PAC ubícanse por exemplo as axudas para a mocidade -non as axudas de incorporación-, con cuantías ridículas. Tamén outras cuestións acordadas neste plan estatal, como por exemplo o establecemento do tope de axudas, se o que se recupera queda na propia comunidade autónoma, tal e como se acordou na resolución do Parlamento, pouco impacto terá na realidade do noso País, porque só 68 solicitantes recibiron máis de 60.000 euros e, na maioría dos casos, son o resultado da fusión de varias explotacións.

 “Somos un país con unha base agraria moi importante, que sufriu unha repercusión moi forte no sector, que necesitamos reorientar a nosa propia política agraria partindo das necesidades de alimentar á nosa poboación e exercer o noso dereito á Soberanía Alimentaria. Menos propaganda da Consellería cando se pagan as axudas, que parece que ser agricultora e gandeira en Galiza é un choio, e máis compromiso real”.

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies