AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Reducir as multas ás mineiras que cometen infraccións medioambientais é compatíbel ca lexislación da UE?

23 Outubro, 2018

 

  • Lídia Senra denuncia ante a Comisión Europea a intención da Xunta de Galicia de reducir até nun 80% as multas a empresas mineiras
  • Alerta de que este plantexamento político pode atraer á Galiza empresas que tenden a vulnerar os dereitos sociais e medioambientais

Bruxelas, 23 de Outubro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, coordinadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo dirixiuse hoxe á Comisión Europea para alertar da intención da Xunta de Galicia de reducir as multas ás empresas mineiras que provoquen danos medioambientais.

A través dunha pregunta parlamentaria -adxunta- denunciou que o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas -presentado pola Xunta de Galicia para acompañar a Lei de Orzamentos 2019- recolle expresamente (páxina 94) que os responsábeis de infraccións relativas ao incumprimento de obrigas de reacondicionamento do espazo natural afectado, ou ao incumprimento das previsións contidas no plan de restauración, terán dereito a unha redución do 70% da multa no caso de que acrediten ter cumprido cas labouras de reacondicionamento. Esta bonificación pode ser aumentada cun 10% máis, chegando a unha redución total do 80%.

MultasMineiras_231018_web

“Na práctica isto significa que quen provoque danos medioambientais, pero posteriormente argumente telos subsanado, verá reducida a sanción económica pertinente a unha contía meramente simbólica. Ademais resulta moi significativo que non se especifique baixo que criterio nin cal organismo supervisará a calidade deste reacondicionamento ou restauración. Vamos, que primeiro alguén vai ter que decatarse de que unha empresa cometeu un delito medioambiental, logo alguén ten que levar adiante todo o proceso -longo e complexo- que implica denunciar a unha empresa mineira, despois as autoridades competentes teñen que confirmar que houbo estes danos e establecer unha multa, e ao final de todo este periplo, vai a Xunta e lla reduce nun 80%. Isto basicamente é poñer Galiza á disposición da mineiras para que fagan o que lles pete.”, explicou.

Dende o inicio da presente lexislatura Lídia Senra ten rexistrado xa un total de dezaoito preguntas parlamentarias[1] trasladando ao ente comunitario a crecente preocupación existente na sociedade  galega polo depauperamento da calidade das normas que rexen a protección medioambiental na Galiza no referido á facilitación para a instalación de proxectos mineiros. Sen ir máis lonxe, a principios deste mesmo mes dirixiuse novamente á Comisión Europea para incidir na denuncia da violación sistemática da lexislación da UE por parte da administración de minas da Galiza e pedir a realización dunha auditoría.

“Plantexamentos como o recollido no proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas non só están feitos á medida das empresas que incumpren as leis de protección medioambiental, senón que ademais poden funcionar como un negativo reclamo que atraia á Galiza corporacións que operan con prácticas lesivas para o medioambiente e a sociedade. Xa a día de hoxe a situación de vulneración das normas medioambientais no noso País está a ser gravísima, canto máis cun Goberno da Xunta brindándolle toda a súa complicidade ás empresas mineiras para que fagan e desfagan ao seu antollo”, analiza a eurodeputada galega. “Di moito do xeito de facer política do Partido Popular de Galicia que en lugar de presentar unha iniciativa na liña de apoiar ás empresas con boas prácticas, prefira presentar unha lei que axuda ás empresas que cometen delitos medioambientais para que o seu castigo sexa o menor posíbel”.

En cuestións como a denunciada hoxe, así como noutras polémicas iniciativas postas en marcha polo Goberno Feijóo como a Lei de Depredación, pódese percibir, canto menos,  unha chamativa vontade por rebaixar os estándares estipulados a nivel europeo.  Polo tanto, na que será a decimo novena pregunta presentada á Comisión Europea en relación á estratexia legalización do espolio de recursos mineiros iniciada pola Xunta de Galicia, Senra solicitou á Comisión Europea saber concretamente se este retroceso en materia de protección medioambiental é compatíbel cos criterios estipulados na Directiva 2014/52/UE -relativa á avaliación das repercusións de  determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente- e os obxectivos de desenvolvemento sostíbel recollidos en programas como o LEADER ou LIFE.

[1] 30-09-2014 Utilización de cianuro na industria mineira; 24-09-2015 Recursos mineiros en alta mar;  30-10-2015 Accións de Edgewater contra o pobo galego; 29-02-2016 Novo proxecto mineiro na Galiza; 30-05-2016 Depósitos das minas de San Finx, Lousame, Galiza; 30-05-2016 Ausencia de estudo de impacto ambiental na mina de San Finx en Lousame (Galiza) ; 31-08-2016 Financiación da minería especulativa na Galiza; 30-11-2016 Novas informacións sobre a ausencia de estudo de impacto ambiental no caso da mina de San Finx; 09-12-2016 Contaminación das aguas na mina de San Finx ; 08-03-2017 Envío de información sobre as minas de San Finx ; 17-03-2017 Ausencia de estudo de impacto ambiental transfronterizo para la concesión mineira en A Gudiña, Galiza; 30-03-2017 Nova mina de cuarzo na Galiza;13-10-2017Mina de Touro e contaminación da agua; 20-10-2017 Fomento empresarial incompatíbel ca Directiva 2014/52/UE; 20-02-2018 Desbordamento dunha balsa minera en Touro;18-05-2018 Incumprimentos da normativa ambiental nunha canteira de áridos na Galiza; 29-06-2018 Investigación mineira nos fondos mariños; 03-10-2018Violacións sistemáticas da lexislación da Unión por parte da administración de minas da Galiza .

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies