A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, interviu no pleno do Parlamento Europeo, este luns pola noite en Estrasburgo, para introducir no debate a política forestal que se está levando adiante en algúns países europeos como a Galiza, con base no fomento do monocultivo de especies de crecemento rápido, como por exemplo o eucalipto para pasta de papel, que favorece os lumes forestais e promove o abandono da produción de madeira de calidade.
Lídia Senra realizou esta intervención no pleno, no debate dunha pregunta oral sobre “Loita contra a tala ilegal, aa deforestación e a degradación forestal”.
Estas políticas supoñen un aumento das necesidades de importar madeiras de calidade e com elas a permisividade dese comercio ilegal que provoca a deforestación, perda de biodiversidade e emisións de gases de efeito invernadoiro e tamén violencia e violación de dereitos humanos nas poboacións e importantes perdas económicas.
Instamos á Comisión a promover unha política forestal que incentive a ordenación dos bosques, evite a forestación de terras agrícolas e potencie a produción de madeira de calidade ao mesmo tempo que poña fin ao comercio ilegal de madeira.
Aquí o vídeo coa intervención de Lídia Senra: