AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Que vai aportar o conselleiro hoxe no Parlamento Europeo para afrontar o desafío demográfico?

6 Setembro, 2016 AGEe, Alberto Núñez Feijóo, demografía, José Manuel Rey Varela, Lidia Senra, Parlamento Europeo
  • Lídia Senra denuncia que as políticas dos cargos do PPdeG na Xunta teñen contribuído de xeito decidido á expulsión da mocidade do país
  • A eurodeputada de AGE define o actual goberno galego como “un gran contribuidor na destrución do emprego e da aniquilación dos sectores produtivos”

Bruxelas, 6 setembro 2016. “É indignante que o señor conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, o señor José Manuel Rey Varela, veña hoxe pola tarde ao Parlamento Europeo dar exemplo de políticas demográficas cando nin el nin todo o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo foron nin son ningún exemplo de posta en marcha de políticas para que a xente poida vivir na Galiza, todo o contrario”. Así reacciona Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ante o anuncio da conferencia que este martes pola tarde ofrecerá o conselleiro da Xunta de Galicia no edificio da Eurocámara en Bruxelas, dentro dunhas xornadas organizadas polo Servizo de Estudos do Parlamento Europeo sobre a política de cohesión baixo o título “Como poden as rexións da UE afrontar o desafío demográfico?”.

Lídia Senra definiu o goberno da Xunta presidido por Alberto Núñez Feijóo como o goberno “exemplo de aplicación de políticas de destrución do emprego e da destrución dos sectores produtivos” e tachou de “insultante” que o conselleiro do PPdeG veña ao Parlamento Europeo falar de desafío demográfico sen ter en conta as terribles consecuencias das políticas da dereita galega no país, que entre outras situacións está levando a unha emigración masiva da mocidade  “É un insulto á intelixencia das galegas e galegos que un representante da actual Xunta de Galicia fale no Parlamento Europeo como exemplo ante o desafío demográfico”, dixo.

Para a eurodeputada de AGEe, o núcleo do problema demográfico atópase “nas condicións económicas e sociais que impiden ás galegas e galegos levar unha vida digna”. “O que debería facer o goberno de Feijóo, por exemplo, é preocuparse de que as mulleres poidan decidir libremente se queren ter ou non queren ter fillos e para iso cómpre mudar radicalmente as condicións económicas e sociais da Galiza”, defende Lídia Senra. “Nun país sometido a dinámicas económicas que converten ás maiorías sociais en traballadoras e traballadores pobres, ás que o salario non lles dá apenas para vivir e menos aínda para ter fillas o fillos se iso é o que desexan”, defende Senra, “non é de recibo que os responsables desta situación no Goberno veñan a Bruxelas como exemplo en políticas demográficas”.

Neste sentido, Senra realiza un chamamento a cambiar a política en materia demográfica, e iso pasa por políticas económicas e sociais necesariamente, tanto na Galiza como no Estado español como na UE. “A crise demográfica en Galiza comezou xa cando se optou politicamente por baleirar o rural ou coas políticas que están levando á crise do sector pesqueiro”, dixo. “Se de verdade o Goberno galego quere solucionar o problema demográfico galego, debe combater as políticas neoliberais que empobrecen a sociedade a niveis alarmantes.

Nos sete anos que leva gobernando Núñez Feijóo na Xunta, o balance é que na Galiza aumentaron en 56.000 persoas o número de paradas e hai 700.000 persoas en situación de pobreza e risco de exclusión social. O desemprego medrou cinco puntos, os salarios caeron máis dun 6% e o déficit da Seguridade Social diminuíu a un ritmo de 400 millóns ao mes.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies