AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Pronunciamento do Grupo de Amizade co País Vasco sobre a liberación de Arnaldo Otegi

4 Marzo, 2016 crise de dereitos, dereito a decidir, dereitos humanos

Comunicado de prensa emitido en nome do Grupo de Amizade co País Vasco no Parlamento Europeo, do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte a través da súa eurodeputada Lídia Senra, en relación á liberación de Arnaldo Otegi.

 

basque friendship logo

Grupo de Amizade co País Vasco no Parlamento Europeo
Liberación de Arnaldo Otegi
04 Marzo 2016

O 13 de outubro do 2009 Arnaldo Otegi foi detido xunto con catro compañeiros/as mentres preparaba unha nova iniciativa pola paz. Policías militares españois irromperon na sede do sindicato vasco LAB en Donostia, onde Otegi e varios membros da dirección do partido estaban preparando o proceso de debate da súa nova proposta de paz.

A pesar destes encarceramentos, a proposta foi difundida e comezou a circular amplamente no movemento. Desde novembro de 2009, a proposta foi discutida en reunións por case 10.000 activistas, que acordaron cal sería o novo camiño a seguir. O núcleo desta estratexia é a aposta unilateral de empregar medios exclusivamente pacíficos,  para de xeito pacífico lograr o apoio internacional e da cidadanía vasca, instando a todas as partes implicadas no conflito a aceptar a vontade democrática do pobo vasco e pór fin á violencia. A nova estratexia aprobou os chamados Principios Mitchell, promovidos polo senador e diplomático estadounidense George Mitchell durante o proceso de paz irlandés.

A fin de denunciar esta situación e solidarizarse con Arnaldo Otegi, foi emitida no ano 2015 en Bruxelas a a declaración internacional Liberdade para Otegi. Traer os presos políticos vascos a casa. Desde entón, moitos persoeiros/as de todo o mundo sumáronse a esta declaración a favor da liberación do líder independentista e o achegamento das persoas presas políticas vascas, nomeadamente o Premio Nobel da Paz Desmond Tutu; Adolfo Pérez Esquivel e Mairead Maguire; o expresidente de Uruguai, José Mugica; o ex alcalde de Londres, Ken Livingstone; intelectuais como Angela Davis, Noam Chomsky e Slavoj Zizek; 27 deputados e deputadas do Parlamento Europeo; representantes irlandeses dos eidos da política, cultura, deporte, xornalistas e académicos; representantes do eido da política e da cultura de Catalunya; creadores/as culturais vascos/as, entre outros/as.

Ademais, o ex-eurodeputado e membro do BFG François Alfonsi participou no xuízo a Arnaldo Otegi no 2011 e denunciou entón a persecución da actividade política, especialmente aquela exercida sobre as actividades e traballo de Arnaldo Otegi a prol da paz e a reconciliación.

Nós, como un Grupo de Amizade para promover a resolución do conflito en Euskadi, consideramos que Arnaldo Otegi non debería ter sido detido, xa que a súa contribución ao novo escenario foi crucial. Nós consideramos totalmente inxusto e arbitrario que fora privado de liberdade por seis anos. Agardamos que a contribución de Arnaldo Otegi sexa  útil para o proceso de paz en Euskadi, para poder avanzar e superar o bloqueo actual mantido polos Gobernos español e francés.

 

 

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies