AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Presentación do “Informe sobre Dereitos Humanos das Persoas Presas Políticas Vascas”

25 Abril, 2016 Arnaldo Otegi, Comisión Europea, crise de dereitos, dereito a decidir, dereitos humanos, Etxerat, Euskal Herria, Free Otegi. Free them all, liberdades civís, Lidia Senra
  • As conclusións presentaranse mañá, martes 26, no marco do X aniversario do Grupo de Amizade co País Vasco do Europarlamento
  • Contará ca presenza de Arnaldo Otegi, quen impulsará dende o Parlamento o relanzamento do manifesto internacional “Free them all”

Bruxelas, 25 Abril 2016. Mañá, martes 26 de abril, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, participará na presentación das conclusións dun informe sobre dereitos humanos realizado no País Vasco. Dito documento foi elaborado a partir das informacións e testemuñas obtidas por unha delegación[1] do Parlamento Europeo integrada por sete eurodeputadas/os pertencentes a tres grupos políticos distintos[2] -entre as que se atopaba a propia Lídia Senra-, que se desprazaron a Euskal Herria no mes de febreiro.

Durante dous días, as eurodeputadas/os mantiveron máis de vinte xuntanzas, abarcando dende o Parlamento Vasco e Navarro até organizacións de apoio legal e médico ás persoas presas políticas vascas, pasando polo Colexio de Avogadas/os de Bizkaia, representantes dos medios de comunicación e sindicatos, e desprazándose tamén ao País Vasco francés (Iparralde).

Esta toma de contacto ca realidade en materia de políticas petinenciarias foi unha experiencia “que nos deixou realmente impactadas e fondamente preocupadas, xa que apreciamos un estancamento da situación que non está a facer máis que prolongar o sufrimento de tódalas partes”. Foron dous días de intenso traballo “moi cargados de emocións, nas que tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man distintas información sobre a actual situación das persoas presas políticas vascas”, valorou a eurodeputada galega.

Ademais das conclusións e recomendacións, este informe incorporará unha análise xurídica sobre aspectos como a dispersión, a acumulación de condenas e a relación que os Estados español e francés están a manter cos presos e presas políticas vascas gravemente enfermas.

 

Free Otegi, Free them all

Ao fío da presentación deste informe no marco do X Aniversario do Grupo de Amizade do Parlamento Europeo co País Vasco[3], o dirixente da esquerda abertzale Arnaldo Otegi relanzará a declaración internacional Freedom for Arnaldo Otegi. Bring Basque Prisoners Home[4], que fai fincapé, entre outros aspectos, en rematar ca política estatal de dispersión de presos/as, unha medida imposta polo Estado cuxas consecuencias afectan principalmente a familiares e amizades[5].

 

 

[1]Ver [NdP120216AGEe] Lídia Senra participará nunha delegación do PE a Euskal Herria para obter información sobre DDHH e [NdP280116AGEe] Delegación do Parlamento Europeo ao País Vasco. Dereitos Humanos.

[2]A Presidenta do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Gabi Zimmer (Die Linke); o Vicepresidente do Grupo Verdes/Alianza Libre Europea (Verdes-ALE), Josep-Maria Terricabras (Esquerra Republicana de Catalunya, ERC); e as eurodeputadas/os Lídia Serna (Alternativa Galega de Esquerda en Europa), Martina Anderson (Sinn Féin), Malin Björk (Vänsterpartiet), Tatjana Ždanoka (Latvijas Krievu Savienība) e Mark Demesmaeker (Nieuw-Vlaamse Alliantie, N-VA).

[3] Adxuntamos cartaz X Aniversario.

[4] A eurodeputada de AGEe participou tamén como integrante do Grupo de Amizade co País Vasco no lanzamento da campaña Free Otegi. Free them all que tivo lugar no Parlamento Europeo o 24 de marzal do ano 2015 e contou ca presenza do músico Fermín Muguruza.

[5]Senra tivo tamén a oportunidade de afondar máis nesta realidade entrevistándose cunha delegación da organización de amizades e familiares[5] de presas e presos vascos Etxerat o ano pasado no Parlamento Europeo: http://www.naiz.eus/hemeroteca/gara/editions/gara_2015-03-04-06-00/hemeroteca_articles/etxerat-cosecha-apoyos-a-su-causa-en-la-eurocamara-incluso-en-el-ppe

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies