AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Precisamos unha Europa mellor, e para iso cómpre derrubar esta UE das grandes empresas

14 Setembro, 2016 AGEe, austeridade, CE, ditadura do euro, Estado da Unión, Esteban González Pons, GUE/NGL, Jean Claude Juncker, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pleno, recortes, UE
  • Lídia Senra insta a Jean-Claude Juncker para “poñer fin á ditadura do euro, da débeda e das políticas de axuste e austeridade” 
  • A eurodeputada de AGEe sácalle tarxeta azul a González Pons no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo polos novos recortes anunciados polo Goberno Español

montaxeSantiago, 14 setembro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), asistiu este mércores no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, ao debate anual sobre o Estado da Unión, no que o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, realizou un discurso “cheo de demagoxia e propaganda” sobre as supostas “vondades” dunha Unión Europea que, a xuízo de Senra, “fai auga por todas partes, pero non queren ver”. A eurodeputada galega dedidiu facer uso do dereito a intervención escrita que posúe e rexistrou un escrito na Eurocámara para deixar constancia da súa posición.

“Estamos fartas e fartos. Europa non se constrúe con propaganda, nin con demagoxia nin con represión. Europa constrúese poñendo fin ás políticas de axuste e aos recortes, non ameazando con retirar os fondos. Constrúese facendo que a débeda a paguen os responsables de contraela, é dicir, os bancos e as grandes empresas”, defende Lídia Senra, quen acusa a Juncker de “vender a protección do estilo de vida europeo” mentres o ministro español de Economía, Luis de Guindos, anunciou esta mesma semana “un Decreto sobre novos recortes para cumprir con Europa”, en referencia ás políticas de austeridade coas que o goberno do PP do Estado español pensa seguir para cumprir cos compromisos e co pacto de estabilidade no marco da UE.

“A UE ameaza: Ou recortes ou conxelación de fondos. Supoño que ese é o modo de vida europeo que defende o señor Juncker, políticas para que as grandes corporacións sigan facendo negocio á costa dos bens públicos e da suor das e dos traballadores e co sufrimento das clases populares”, denuncia Lídia Senra. A eurodeputada galega asegura que os recortes van significar “máis destrución de emprego, máis precarización, máis pobreza, máis carga impositiva para as capas máis desfavorecidas se finalmente soben o IVE aos produtos que hoxe teñen un tipo de IVE reducido como os alimentos”. Neste sentido, Senra dixo que “concordamos en que precisamos unha Europa mellor, pero para iso é necesario derrubar esta UE das grandes empresas”.

Durante o debate de hoxe no pleno do Parlamento Europeo, Lídia Senra ademais sacoulle tarxeta azul ao vicepresidente  do grupo do Partido Popular Europeo (PPE), Esteban González Pons, para interpelalo sobre se non considera que os recortes anunciados polo goberno do estado español para cumprir coas esixencias da UE van perxudicar ás clases máis desfavorecidas. Na súa contestación, González Pons xustificou os recortes que se levarán a cabo e respostoulle a Senra que “España é un bo socio e polo tanto ten que cumprir coa UE”.

A eurodeputada de AGEe chamou a poñer en marcha medidas que poñan fin á “ditadura do euro” e políticas activas para crear emprego, erradicar a pobreza e a exclusión social, regularizar a produción e os mercados,… “Os fondos europeos teñen que ir non para destruír barcos, por exemplo, senón para facer un reparto xusto do dereito a pescar, algo do que o presidente Juncker nada falou hoxe”, denunciou Lídia Senra, quen defendeu tamén que a mocidade galega merece “traballo digno, non ter que converterse en exiliados e exiliadas económicos”. “Merecen ter servizos públicos de calidade e gratuitos e non ter que abandonar os estudos porque as familias non os poden pagar”, engadiu.

Igualmente, Senra tamén fixo mención aos sectores produtivos básicos. “O sector lácteo non precisa esmola, precisa regulación”, zanxou.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies