AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Para crear riqueza primeiro hai que relocalizar produción e empresas e potenciar os nosos mercados

26 Maio, 2016 acordos comerciais, AGEe, Comisión Europea, crise agrícola europea, crise de dereitos, dereito a decidir, dereitos humanos, economía rural, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, liberalización comercial, políticas públicas, soberanía alimentaria
  • Debate en sesión plenaria esta mañá no Parlamento en torno á mellora, modernización e afondamento do mercado único europeo
  • AGEe advirte de que primerio habería que correxir as consecuencias negativas que tivo a propia creación deste espazo único comercial

Bruxelas, 26 Maio 2016. O último dos debates da sesión plenaria que tivo lugar durante onte e hoxe no Parlamento Europeo estivo centrado nas actuais condicións do mercado único. Porén, se ca estratexia de mercado único o que se procura é crear emprego e riqueza en tódolos pobos da UE, como así foi sinalado esta mañá, “habería primeiro que actuar para reverter o impacto negativo que o mercado único tivo nos pobos que constituímos a periferia económica da Unión”, aclarou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda Lídia Senra.

Xa que logo, dificilmente pódese dinamizar a economía de países “onde as nosas empresas son xa case inexistentes, a maioría das nosas marcas foron absorbidas e as nosas producións deslocalizadas case na súa totalidade”. “Primeiro a creación do mercado único propiciou a ocupación dos nosos mercados por parte das multinacionais, e logo a Troika impúxonos medidas de austeridade que practicamente impiden que podamos recuperarnos”, analizou.

Dende AGEe tamén cuestionamos afirmacións realizadas hoxe na Eurocámara en relación á existencia de capacidade de decisión por parte dos pobos europeos con respecto á creación e desenvolvemento do mercado único.

É imprescindíbel que antes de desenvolver unha nova estratexia para o mercado único sexan aplicadas políticas públicas que garantan “a relocalización das empresas e produción, que prioricen a presenza dos nosos produtos nos mercados locais e de proximidade”, xa que facer o contrario “é seguir empobrecendo aos pobos da periferia a Unión Europea”, alertou a eurodeputada Lídia Senra.

 

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2016/05/Senra_260516_Para-dinamizar-o-mercado-único-cómpre-primeiro-a-relocalización-das-empresas-e-da-produción.mp4

Intervención de Lídia Senra en sesión plenaria.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies