AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Ourense acolle este venres e sábado unhas xornadas internacionais de formación para mulleres

15 Novembro, 2016 AGEe, feminismo, GUE/NGL, Lidia Senra, micromachismo, mulleres, Ourense, patriarcado
  • Máis dunha docena de relatoras e moderadoras debaterán durante os dous días, na antesala do 25-N, sobre feminismo como imprescindible 
  • A eurodeputada Lídia Senra organiza o evento, no que se abordará como seguir “fortalecendo a loita para un mañá sen patriarcado”

rrss_dipticoa4_feminismo
Ourense, 15 novembro 2016. A cidade de Ourense acollerá este venres e sábado, 18 e 19 de novembro, unhas xornadas internacionais de formación para mulleres. O evento, organizado por Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reunirá durante os dous días no Centro Cívico A Ponte (Rúa Euloxio Gómez Franqueira, 43), a máis dunha docena de relatoras e moderadoras para debater sobre “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”.

Cando está a piques de conmemorarse un ano máis o 25 de novembro, Día Mundial para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, as xornadas, que estarán abertas á participación de todas as que o desexen sen necesidade de inscrición previa, arrancarán o venres día 18 de novembro ás 16:30 horas e será a propia Lídia Senra quen se encargará de inauguralas. Para Senra, a día de hoxe “observamos como na esquerda queda aínda moito por facer para conseguir a igualdade real de dereitos entre os homes e as mulleres”. “A miúdo vemos como en innumerables ocasións a representación partidaria é maioritariamente masculina e os cargos institucionais seguen sendo aplastantemente homes”, denuncia. De aí a necesidade de organizar eventos e xornadas deste tipo, no que as mulleres poidan debater e poñer en común traballos e situacións, co obxectivo de “seguir fortalecendo a loita para un mañá sen patriarcado”.

Nas xornadas haberá servizo de gardería de crianzas para todas aquelas mulleres que desexen levar as súas fillas ou fillos, previa petición deste servizo enviando un mail a age.europa.galiza@gmail.com. O primeiro coloquio comezará ás 16:45 horas do venres baixo o título “Teoría de redes de acción: Introdución aos feminismos”, da man da doutora en Filosofía e Semiótica, profesora da Universidade de Vigo, Saleta de Salvador Agra, que será introducida pola deputada de En Marea no Parlamento galego Paula Verao.

Ás 19:00 horas terá lugar a segunda charla, que impartirá a filósofa ecofeminista Alicia Puleo sobre “Ecofeminismo para outro mundo posible”, unha conferencia que se encargará de presentar Marga López Barreiro, concelleira en Vigo e membro de Anova.

Xa o segundo día, o sábado, as sesións comezarán ás 10 da mañá, cunha palestra de Eliane de Moura Martins, militante do Projeto Popular para o Brasil e doutoranda en Socioloxía pola Universidade Federal do Río Grande do Sul (Porto Alegre), sobre “Concibindo e construíndo o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de neomachismos”.

A membro de Anova Ourense Tania Bouzo será a encargada de presentar este primeiro debate da mañá, antes de dar paso, a partir das 12:00 horas, a Rosa Álvarez, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, que falará sobre “Micromachismo: Cimentando o patriarcado”, e que será presentada por Sandra Pesqueira, concelleira en Marín e tamén membro de Anova.

Xa o sábado pola tarde, terá lugar o último debate, que baixo o título de “Acción social desde o feminismo. Exemplos de experiencias de traballo desde diferentes organizacións”, reunirá a Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Eva Bastón e Tania Merelas, de Fiadeiras, grupos de traballo en igualdade de xénero dentro do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza, e Eva Gutiérrez, da Plataforma ProCAPD, en defensa dun centro público de atención a persoas con diversidade funcional para a provincia de Ourense. Nerea Conde, membro de Anova Ourense, encargarase de moderar esta última parte das xornadas.

cartel-xornadas-feministas-ourense-novembro-2016

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies