AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O REALPE 2019 conclúe chamando a desobedecer as políticas fascistas e racistas

8 Febreiro, 2019

 

  • Hoxe finalizou o encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais e Progresistas REALPE 2019 convocado polo GUE/NGL no PE
  • O concelleiro de Teo Ignacio Igrexas e o de Ribadumia Enrique Oubiña abordaron a xestión de residuos e o impacto da precarización social

Bruxelas, 08 de Febreiro de 2019. A reunión anual de Rede Europea de Autoridades Locais e Progresistas (REALPE 2019), plataforma creada co obxectivo de por en contacto persoas que traballan no ámbito local entre si e con eurodeputadas/os dos distintos Estados membro, convocada neste 2019 baixo a premisa ‘Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa’, puxo punto final no día de hoxe co panel internacional ‘Facéndolle fronte ás desigualdades e propagación do fascismo en toda Europa, a visión progresista das nosas comunidades locais’.

En representación da delegación galega interviron como poñentes o tenente de alcalde de Ribadumia, Enrique Oubiña [intervención] e o tenente de alcalde e concelleiro de Benestar, Igualdade e Participación Veciñal en Teo, Ignacio Igrexas Villar [intervención].

Senra_Igrexas_Oubiña_REALPE2019_080219

Logo de aportar un conxunto de datos que describiron administrativamente o concello de Teo, Villar suliñou a importancia de que a poboación sexa partícipe das decisións políticas, para o que as institucións a tódolos niveis teñen que tomar consciencia da importancia da pedagoxía social, incidindo na importancia de que a propia poboación poda articularse para defender os seus dereitos.

Como exemplo describiu a situación que se está a vivir en Teo a raíz do proxecto de instalar unha planta de tratamento de residuos na antiga canteira de Casalonga, a costa do medio ambiente, da saúde e da calidade de vida das persoas. “A reconversión da canteira en espazo de xestión de residuos é unha ameaza directa que temos no noso territorio; pero temos tamén unha forte ameaza contra os nosos recursos básicos, materializada no risco de contaminación das augas do Ulla -do que se extrae a auga potábel de todo o municipio- no caso de reactivarse a explotación da mina de Touro”.

080219RELPE2019

O tenente de alcalde de Teo quixo destacar tamén na súa intervención a situación na que se atopa a aldea de Arinteiro, a día de hoxe “pechada entre unha balsa de lodos de tan alta como as torres da Catedral de Santiago e unha escombreira tan alta como a Torre de Hércules e sen plan de evacuación en caso de rotura da balsa”.

Para concluír, Igrexas chamou a atención sobre a creación das Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, describindo os procesos de constitución de alianzas sociais que permiten desenvolver loitas máis aló da constrición que a miúdo está presente nas competencias da política local.

Enrique Oubiña, pola súa banda, enceteu a súa intervención lembrando que a precariedade salarial é unha problemática social presente a tódolos niveis. “Estamos a falar de persoas que inda tendo un traballo e unha nómina, esta é moi baixa e non aporta ingresos suficientes, polo que non poden  facer fronte os custes básicos da vida”.

O tenente de alcalde de Ribadumia aproveitou ademais os propios datos do seu concello para exemplificar con cifras concretas as consecuencias da precariedade, incluído o sesgo de xénero da mesma, proporcionando gráficas que visibilizaban os gastos medios dunha persoa que a día de hoxe resida en Ribadumia nunha vivenda de 70m2. “Os custos básicos ascenden a 965€, pero o salario medio está entre os 800 e os 1.200€, un 20% menos no caso das mulleres. Iso significa que, de promedio, un home podería como moito chegar a aforrar 65€ ao mes. No caso dunha muller, como media cada mes quedaría a deber 265€”. Se nunha vivenda habitan dúas persoas, proseguiu, os custos medios ascenden ao 1300€. “En Ribadumia, e polo tanto en Galicia e no resto de España, se unha persoa  con un salario medio quere irse a vivir soa, non pode, ten que facelo con outra persoa, e esa persoa debe ser un home para que dean as contas.”

080219-RELPE2019 (38)

Extrapolando esta situación ao panorama xeral, Oubiña enumerou unha batería de consecuencias da precariedade salarial distinguindo o seu impacto no ámbito económico, “leva a que o Estado entre nunha situación de pobreza estrutural, redúcense as cotizacións á Seguridade Social, redúcense as pensións e as prestacións sociais en xeral, devalúase o sector primario, cae o comercio…”. Por outra banda, no ámbito social distinguiu que a precariedade salarial “obríganos a vivir nun estado de escravitude social” que se concreta en cuestións como “o retraso da idade de abandono do fogar familiar e da idade para ter fillas/os, retroceso nas liberdades das mulleres, aumento da violencia a tódolos niveis, pobreza enerxética e alimentaria, apatía social e falta de esperanza, frustración, aumento do consumo de alcohol, drogas, ludopatías, procura de culpábeis alleos -particularmente inmigrantes pobres- …”

Fronte á depauperación da calidade de vida consecuencia da precarización salarial, o tenente de alcalde de Ribadumia apostou por “revitalizar a iniciativa política e sindical; regularizar o mercado da vivenda, enerxía, auga, das axudas de emerxencia social e servizos básicos en xeral e enfrontar a necesidade dunha renda básica universal”.

 O eurodeputado grego de Syriza Dimitris Papadimoulis introduciu este panel, no que tamén participou o concelleiro de Palermo Giusto Catania; a candidata a alcaldesa en Salónica Katerina Notopoulou; a escritora contra a extrema dereita Nazanin Armanian e o membro do AKEL chipriota Stavros Yerolatsites. A eurodeputada francesa do Front de Gauche, Marie-Christine Vergiat, moderou o debate e Lídia Senra encargouse de facer as conclusións xerais de todo o encontro de REALPE deste ano.

A eurodeputada galega destacou, entre outras consideracións, a importancia de “reforzar cada día o compromiso da esquerda na loita polos dereitos das persoas fronte aos intereses do capital”. Ao fío das exposicións realizadas no panel adicado á vivenda social e especulación inmobiliaria reiterou que “o acceso á vivenda é unha cuestión fundamental da dignidade humana, as políticas capitalistas están privando a milleiros de persoas dun dereito básico”, chamando á “desobediencia ás políticas fascistas e racistas que atentan contra os dereitos humanos, incluída a privatización dos bens comúns e os servizos básicos” e animando a “gañar na batalla das ideas, no debate”. Lembrou tamén a importancia de fortalecer o feminismo e ter en mente que “un dos primeiros obxectivos da extrema dereita é atacar os dereitos das mulleres”, así como a romper “o discurso da supremacía branca que impera no relato occidental dos procesos migratorios” e reflexionar que “dende occidente non só podemos falar de solidariedade, senón tamén da responsabilidade que temos na desestabilización dos países dos que estas persoas se vén na necesidade de fuxir”.

Senra_REALPE2019_080219

Achegamos tamén a intervención do concelleiro de C@urel Vivo Óscar Carrete reivindicando a necesidade de investir na rehabilitación de vivendas nas zonas de montaña e no acceso aos servizos públicos básicos para poder manter vivas estas zonas (https://www.youtube.com/watch?v=eoP3Gc-aa5Q); da integrante da Coordinadora de Alternativa Canguesa de Esquerdas, Andrea Martínez (https://www.youtube.com/watch?v=SSbUY4IWaF4&feature=youtu.be), denunciando o problema do alugueiro de vivenda nas zonas máis turistificadas da Galiza; da membro da Comisión de Garantías de En Marea e responsable da secretaría de Coordinación de Gañemos Vilanova, Concepción Rodríguez (https://www.youtube.com/watch?v=pZgqmYu8z8w&feature=youtu.be), chamando a atención sobre a precariedade na Administración pública e do alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, reflexionando sobre o feito de que a extrema dereita fai tempo que existe, e estaba no Partido Popular (https://www.youtube.com/watch?v=D4TyFgCg5Ig&feature=youtu.be) .

*Galería fotográfica das dúas xornadas do REALPE 2019: https://www.dropbox.com/sh/dsecb62l8oo0i9c/AADMc4DH30TkDhzhcM3dFJ0aa?dl=0

 REALPE2019--

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies