AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O PE recolle a demanda de proporcionar produtos da pesca local e artesanal nos hospitais e escolas

25 Abril, 2018 aumento de cota pesqueira, emendas, pescar artesanal
  • A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo incorpora nove emendas a favor da pesca artesanal e local presentadas por Lídia Senra
  • Etiquetaxe máis clara, favorecer a venda direta, aumentar as cotas e estudar o impacto das importacións, reivindicacións tamén aceptadas

Bruxelas, 25 de Abril de 2018. A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo vén de aprobar un informe sobre “Optimización da cadea de valor no sector pesqueiro” incorporando nove emendas a favor da pesca local e artesanal impulsadas pola eurodeputada galega Lídia Senra, quen ademais foi a responsábel do seguimento deste texto para todo o Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

“Estamos contentas de que dende a Eurocámara se vaia avanzando no recoñecemento da importancia da pesca artesanal e local, o seguinte paso será a votación na sesión plenaria do Parlamento Europeo, onde este texto debe ser referendado;  logo agardamos que a Comisión Europea plasme estes avances en medidas concretas”, explicou. Con todo, Senra considera que para a valorización dos produtos da pesca local é indispensable asegurarlle ás novas xeracións o futuro do sector, e “iso pasa necesariamente por garantir cotas dignas para os mariñeiros e mariñeiras da frota artesanal e un maior control dos recursos”, tal e como recolleu outra das súas emendas adoptadas.

Froito do traballo de consultas co sector artesanal galego, entre as emendas aprobadas presentadas por Senra atópase o fomento da cooperación entre o sector público e o sector pesqueiro mediante o subministro a establecementos públicos -tales como escolas e hospitais- con produtos procedentes da pesca local, unha das reivindicacións históricas dos traballadores e traballadoras da frota artesanal xunto ca pertinencia de que as estratexias de comercialización adaptadas ás especificidades locais inclúan a posibilidade da venda directa, emenda tamén aceptada.

Outras das engádegas presentadas por Senra e aprobadas pola Comisión de Pesca do PE instan a poñer en marcha unha etiquetaxe do peixe, tanto fresco como transformado, na que se indique claramente a orixe do produto; así como a posta en marcha de programas de formación e concienciación nas escolas e institucións sobre a importancia do sector e do consumo local de peixe. “A mocidade debe coñecer o valor económico, social e cultural do sector artesanal galego nas vilas costeiras e a importancia de consumir os produtos locais para permitir que este sector sobreviva e teña futuro”, recalcou Senra. Para avanzar neste sentido solicitou tamén que a Comisión Europea realice un estudo sobre o impacto das importacións de peixe na pesca local, emenda que tamén foi incorporada ao texto da proposta de informe.

A nivel de articulación do sector pesqueiro, a comisión de Pesca tamén deu o visto bo á proposta de Senra de que se rebaixen os mínimos de produción esixidos para entrar nas Organizacións de Produtores, favorecendo deste xeito a entrada de pequenos/as produtores/as, así como e que as axudas concedidas para mellorar a seguridade e a hixiene a bordo non entren en concorrencia competitiva e se doten dun maior orzamento dedicado ao sector artesanal.

A eurodeputada galega conseguiu tamén introducir unha crítica explícita á falta de execución do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, ao terse aprobado a emenda na que solicitou a aplicación dun maior nivel de control e transparencia ás administracións pertinentes, así como unha mellor xestión das partidas.
 

Valoración de Lídia Senra:

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2018/04/Senra_250418_PescaArtesanalPE.mp3

 Imaxe de portada: Atlántico Diario

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies