AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O MEL e a SGHN reuniranse o martes 27 ca CE para denunciar a contaminación de COREN na Limia

23 Novembro, 2018

 

  • Lídia Senra solicitou á DX de Medioambiente da CE unha xuntanza a través da cal proporcionar información exhaustiva sobre as verteduras
  • O MEL e a SGHN exporán a situación tamén a deputadxs da Comisión de Peticións, onde xa rexistraron a denuncia para ser investigada polo PE

Bruxelas, 23 de Novembro de 2018. Representantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) e da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) reuniranse o vindeiro martes 27 de novembro en Bruxelas co Xefe da Unidade para o Uso e Xestión da Terra e con persoal experto na xestión de nitratos da Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea.  O obxectivo desta xuntanza, facilitada pola eurodeputada galega Lídia Senra, é trasladar en detalle a denuncia da vulneración de distintas directivas europeas na Limia por mor dos residuos producidos polas macrogranxas industriais.

Durante a súa estancia en Bruxelas, tamén acompañados pola eurodeputada galega, o MEL e a SGHN terán unha reunión con integrantes da Comisión de Peticións. Precisamente o pasado mércores 21 ámbalas dúas organizacións procederon ao rexistro da súa denuncia nesta Comisión, á que solicitaron “analizar a vulneración de directivas europeas, abrindo unha investigación e contactando cas autoridades competentes no Estado e a nivel galego, para que se paralice na comarca da Limia a instalación de novas granxas e sexan ordenadas as xa existentes para adoptar unha xestión ambientalmente sostíbel dos residuos agrogandeiros xerados que cumpra co dereito da UE”.

Como puido comprobar a eurodeputada Lídia Senra da man destas e doutras organizacións da comarca a principios deste mesmo mes, a saturación de residuos de gando que se está a acumular na Limia é tal que, segundo datos extraídos pola Sociedade Galega de Historia Natural, crean unha situación equivalente a que unha poboación de 1.600.000 habitantes vertera as súas augas fecais sen ningún tipo de depuración.

A día de hoxe a meirande parte das granxas industriais están relacionadas ou impulsadas polo conglomerado de empresas de COREN. Sen embargo, sorprendentemente ningunha Administración pública ten feito unha avaliación medioambiental desta situación. É dicir, até o dagora nunca se tiveron en conta os efectos sinérxicos e acumulativos de puríns e demais verteduras nesta zona de grande sensibilidade hidrolóxica, botánica e faunística. Porén, a Xunta de Galicia e a Consellaría de Medioambiente non só levan anos ignorando as ducias de escritos enviados dende as organizacións medioambientais para alertar desta situación insostíbel, senón que mesmo teñen emitido declaracións de impacto ambiental favorábeis para os proxectos de novas granxas ou ampliacións na cabeceira do río Limia.

“Nesta situación é claro que estamos ante o incumprimento de varias Directivas europeas. A contaminación do chan e da auga, principalmente debido á concentración de nitratos, supera o límite máximo admisíbel para o consumo humano; é urxente pór fin a esta situación que está a afectar á saúde das persoas e deteriorando drasticamente os ecosistemas da comarca da Limia”, describe Lídia Senra.

A rolda de xuntanzas que os 4 representantes do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) e da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) van desenvolver o vindeiro martes na Comisión Europea e no Parlamento, así como o apoio no rexistro da denuncia da situación da comarca na Comisión de Peticións do PE, forma parte das medidas que a eurodeputada Lídia Senra se comprometeu a impulsar a nivel europeo durante a súa visita á comarca a principios deste mes.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies