AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O hotel da Illa Pancha chega ao Parlamento Europeo por posibles irregularidades en conservación da natureza

1 Setembro, 2016 AGEe, conservación da natureza, GUE/NGL, hotel, Illa Pancha, Lidia Senra, Lugo, Rede Natura 2000, Ribadeo
  • Lídia Senra denuncia en Bruxelas a través dunha pregunta por escrito á CE o proxecto de converter o faro en hotel de luxo de dúas habitacións 
  • A eurodeputada ve indicios máis que fundados de que a explotación turística privada desta zona de Ribadeo danará a contorna ambiental 

ASCII Kolor stitching | 2 pictures | Size: 3848 x 1660 | FOV: 76.48 x 36.45 ~ -9.74 | RMS: 2.31 | Lens: Standard | Projection: Planar | Color: LDR |

Santiago, 1 setembro 2016. O proxecto de construción dun hotel de luxo no actual faro de Illa Pancha (Ribadeo) ven de ser levado ao Parlamento Europeo por Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), por posibles irregularidades en canto ao posible cumprimento das esixencias da Rede Natura 2000 e de normativas en materia de conservación da natureza. Senra rexistrou esta semana en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea (CE), atendendo as reivindicacións do colectivo “Polo noso Faro”, asociación que leva tempo amosando a súa posición contraria a este proxecto e que xa ten presentada pola súa banda unha petición tanto ao Valedor do Pobo de Galicia e ante o Defensor del Pueblo do Estado Español  pedindo que faciliten os expedientes completos deste proxecto e se emitan informes sobre os aspectos medioambientais aos que afectaría e viabilidade económica do mesmo.

A pregunta que agora AGEe lle remitiu á CE fai fincapé en que en maio de 2015 o Goberno do Estado Español aprobou a autorización para uso  hoteleiro das instalacións do Faro de Illa Pancha a pesar de que esta pequena illa de Ribadeo que mide 1,1 hectáreas está situada nunha zona pechada ao público, catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico.

Lídia Senra recolle na súa pregunta á CE e segundo informacións de “Polo noso Faro”, que a adxudicación da concesión de explotación privada empresarial nin sequera foi sometida no seu día a concurso público, como si que o foron, por exemplo, outros faros convertidos en hoteis como o de Sevilla, Cádiz ou Marbella.

O proxecto que está en marcha contempla converter o faro da Illa Pancha, construído en 1857, nun hotel de luxo no que tan so collerían, pola limitación do espazo, dúas habitacións. O plan tamén inclúe construír unha cafetería e aparcamento, fosa séptica, erguer vinte carteis e acondicionar con luces nocturnas a zona, o que, é evidente que afectará á protección medioambiental e paisaxística desta contorna.

Ante esta situación, Lídia Senra pregúntalle á CE se considera que esta transformación do faro en hotel respecta as disposicións da Directiva 92/43/CEE e tamén que medidas pensa tomar para velar porque se respecte a protección ambiental e paisaxística deste lugar e a conservación do hábitat natural da Illa Pancha, máxime tendo en conta que estamos ante un proxecto que non está motivado por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, senón que está movido por intereses privados de rendibilidade económica dubidosa tendo en conta que só serán dúas as habitacións coas que contará o aloxamento.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies