AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O futuro da UE depende tamén dun mundo rural vivo e dinámico

11 Outubro, 2018

 

  • A eurodeputada Lídia Senra rexistra unha batería de emendas para fixar a posición da Comisión de Agricultura en informes de AFCO e ECON
  • Enmarca ás súas propostas de modificación na urxencia por conseguir unha PAC “que realmente resposte ás necesidades da sociedade”

Bruxelas, 11 de Outubro de 2018. A coordenadora na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (AGRI) do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra,  vén de rexistrar unha batería de emendas para incidir nos informes de opinión[1] que esta Comisión vai achegar á Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios (ECON) para a elaboración do Informe anual sobre a política de competencia (2018/2102(INI) e á Comisión de Asuntos Constitucionais (AFCO) para o seu informe sobre A situación do debate sobre o futuro de Europa (2018/2094(INI).

Nas propostas de modificación presentadas á Comisión AFCO a galega reivindica que “o futuro da Unión depende tamén dun mundo rural vivo e dinámico”, cualificando de “urxencia” que a política agraria e alimentaria europea “responda ás necesidades do conxunto da sociedade”. É polo tanto preciso que a UE aposte con determinación por unha transición cara un modelo de producción agroecolóxico, xa que, subliña Senra, “é o único modelo capaz de contribuir ao enfriamiento do planeta e ao mantemento do campesiñado”, polo que tamén pediu que a nova PAC se adique especialmente a “crear postos de traballo neste modelo, garantizando a máxima calidade dos produtos agrícolas e alimenticios da UE”.

Apela asemade ao mantemento dun campesiñado forte na UE, xa que “para unha xestión eficaz do territorio, loitar contra o cambio climático, preservar a auga potábel e avanzar cara o dereito á Soberanía Alimentaira é preciso contar con moitas labregas e labregos producindo alimentos en todo o territorio da Unión”.

Iso si, abondou, as medidas a aplicar para garantir un modelo de produción campesiño na UE teñen que icluír iniciativas lexislativas “que poñan fin á discriminación das labregas” -como por exemplo no referente á titularidade das explotacións agrarias- e, loxicamente, unha viraxe das políticas que implique dunha vez por todas “situar prezos agrícolas remuneradores no corazón da política agraria común”. Nesta mesma liña,  instou á Comisión e aos Estados Membro a “potenciar e promover os mercados locais e de proximidade e a transformación de produtos agrícolas a pequena escala”.

Precisamente cuestións referidas ao marco económico que rixe a actividade agraria na UE foron as especificadas nas engádegas propostas ao proxecto de opinión a achegar ao informe sobre competencia, nas que insta á Comisión e aos Estados Membro a modificar as normas “para permitir que se podan fixar prezos mínimos para os produtos agrícolas mediante negociación colectiva”. Para iso, reivindicou que se lle dean competencias ás organizacións interprofesionais “para negociar prezos mínimos en orixe para os produtos agrícolas”.

As emendas propostas a estes dous informes de opinión serán votadas previsíbelmente na sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo que terá lugar o 12 novembro en Estrasburgo -emendas ao informe sobre futuro Europa- e na sesión do 21/22 novembro en Bruxelas -emendas ao informe sobre competencia-.

[1] Proxecto de Opinión da Comisión de Agricultura ao Informe anual sobre a política de competencia (2018/2102(INI); Proxecto de Opinión da Comisión de Agricultura ao informe sobre A situación do debate sobre o futuro de Europa (2018/2094(INI)

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies