AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O Estado español insiste en retrasar o acceso á xubilación dos mariñeiros e mariñeiras

19 Setembro, 2017
  • Lídia Senra considera “impresentable” que unha cuestión técnica supoña a perda de dereitos dos traballadores e traballadoras do mar
  • A eurodeputada recorda que Bruxelas deixou moi claro que o encargado de fixar coeficientes redutores do sector pesqueiro é o Estado
58a349e5a8-16683803_669792306526751_1363311872402973865_n
Botadura dun buque palangreiro no Porto de Marín © Autoridad Portuaria. Imaxe tomada da web PontevedraViva.com

Bruxelas, 19 de setembro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), esixe unha vez máis que se garantan os dereitos sociais das traballadoras e traballadores dos buques conxeladores aos que o goberno do Estado español lles está retrasando a idade de acceso á xubilación malia negar, en reiteradas ocasións, que isto fora suceder.  Unha nova circular do Instituto Social de la Marina (ISM) teima en deixar sen o coeficiente redutor do 0,40  aos empregados e empregadas de arrastreiros e palangreiros conxeladores,  aos que se lles aplicaba a redución do tempo de traballo máis elevada debido á especial dureza do seu traballo en alta mar, con longos períodos lonxe dos portos.

“Esta nova comunicación do ISM é unha proba de que o Goberno español mentía cando aseguraba que garantiría o coeficiente redutor máximo para estes traballadores e traballadoras, xustificándoo nun mero axuste técnico sen consecuencias para o sector. Unha cuestión deste tipo non pode supoñer a perda de dereitos para os mariñeiros e mariñeiras”. Esta nova circular establece que a atribución do coeficiente redutor se vai facer usando como criterio o tipo de arte e as toneladas de rexistro bruto das embarcacións, o que prexudica de xeito moi grave ao persoal dos barcos conxeladores.

A eurodeputada galega reitera “que o Estado ten que solucionar xa esta situación e non pode ampararse máis en axustes esixidos pola UE nin  moito menos en supostos erros no cruce de datos coa Dirección Xeral da Mariña Mercante na aplicacións dos coeficientes para manter máis tempo na incerteza e na angustia ao sector e arrebatar dereitos aos traballadores e traballadoras”. Senra lembra que o propio comisario europeo de Pesca, Karmenu Vella, respondeu nos   últimos meses a dúas preguntas súas sobre as consecuencias do regulamento de rexistro comunitario da frota pesqueira, no que o Estado se amparou para xustificar axustes no cálculo dos coeficientes. O  Goberno español,  por medio da Representación Permanente ante a UE en Bruxelas, explicaba entón que o regulamento comunitario non inclúe palangreiros, cerqueiros e certos arrastreiros considerados ata agora conxeladores, pero tamén aclaraba que é o Estado quen ten a responsabilidade de fixar o marco de acceso á xubilación dos tripulantes.

“Pola circular que acabamos de coñecer, vemos que os axustes que se prometían inofensivos se están facendo contra os traballadores e traballadoras, obrigando a tripulacións que exercen tarefas moi duras e perigosas a traballar máis tempo e revisando de novo á baixa os dereitos sociais dos empregados e empregadas dos buques”. “Gustaríame saber agora que explicación ten o Goberno español para esta comunicación na que se teima en non aplicar o 0,40 de coeficiente redutor a buques que ata agora o tiñan, cando hai meses no Congreso dos Deputados se asegurou que estaba en fase de solución”,  reprobou Senra.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies