AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O auxe da extrema dereita é un fenómeno global que responde ás necesidades do capitalismo

9 Xaneiro, 2019

 

  • Senra participa durante esta semana nas xornadas de formación do GUE/NGL en Chipre, onde coordinou unha mesa sobre a extrema dereita
  • Denuncia que as políticas de extrema dereita son contrarias aos dereitos humanos e sociais

Bruxelas, 09 de Xaneiro de 2019. Durante esta semana o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) está a desenvolver en Nicosia (Chipre) unhas xornadas formativas [PROGRAMA] coordenadas polo partido chipriota dxs traballadorxs AKEL.

Ademais de cuestións específicas relativas á actual situación do que se deu en chamar “problema chipriota”-actualmente 40.000 militares turcos ocupan o 37% do territorio chipriota e 1/3 da súa poboación, 170.000 persoas aproximadamente, é refuxiada- , ou aquelas relacionadas coa situación no Medio Oriente e no Mediterráneo oriental, esta xuntanza ten como obxectivo afondar noutras claves a abordar como grupo político de esquerdas dende o Parlamento, avanzando en análises de cuestións como o auxe da extrema dereita en Europa.

Precisamente durante a tarde de onte tivo lugar o panel adicado a abordar esta situación, integrado polo eurodeputado grego Dimitris Papadimoulis, o académico Nikos Trimiklimiotis e o científico político Giorgos Charalambous. Este espazo foi introducido e moderado por Lídia Senra, quen quixo salientar nas súa intervención que “a problemática do auxe da extrema dereita non é exclusiva da Unión Europea”, poñendo como exemplo a actual situación no Brasil baixo a presidencia de Jair Bolsonaro, que cualifica de “tremendamente negativa e preocupante”. WhatsApp Image 2019-01-08 at 14.48.00

Abondando na análise das circunstancias que están a dar pé ao fortalecemento das forzas políticas máis reaccionarias, Senra chamou a reflexionar sobre como estas favorecen a sinerxía sistémica de afondamento nas desigualdades, presente a nivel global: “O capitalismo precisa neste momento de gobernos autoritarios para continuar co seu proceso de concentración da riqueza en cada vez en menos mans”.

Este proceso é facilmente identificable na UE, abondou, onde a aplicación das denominadas “políticas de austeridade” conlevou o empobrecemento da maioría social, a destrución de servizos públicos e o acaparamento da riqueza. “Se a Unión Europea estivera preocupada polo auxe da extrema dereita poñería fin ás súa políticas neoliberais”, reflexiona a eurodeputada.

Esta estratexia busca tamén debilitar a loita de aqueles colectivos que precisamente traballan por difundir un discurso e unha praxe social vencellada á igualdade, ao respecto aos dereitos humanos e sociais, á solidariedade e, en definitiva, ao benestar social no seu conxunto. A nivel do Estado español, por exemplo, precisamente “o ataque aos dereitos das mulleres forma parte do propio programa dos partidos de extrema dereita, como vemos nas conversas para a investidura en Andalucía que están pedindo a derogación da lei contra a violencia machista, a derogación para a promoción da igualdade de xénero e a derogación da lei para garantir os dereitos das persoas LGTBI”. Estes ataques tamén se detectan contra as traballadoras e traballadores, como puidemos ver por exemplo en Hungría ca recente aprobación da denominada “Lei da Escravitude”, que amplía as posíbeis horas extras anuais de 250 a 400 e permite que se tarde ata 36 meses en pagalas; en definitiva “os programas destas formacións supoñen a anulación dos dereitos humanos e  incrementan as desigualdades”.

Para pechar a súa intervención Lídia Senra apelou dende Chipre ao “papel crucial” dos medios de comunicación na divulgación da mensaxe destes partidos, “os propios partidos de centro dereita están xirando cada vez máis á dereita como consecuencia tamén disto”.

As xornadas de formación do GUE/NGL continuarán no día de hoxe e mañá arredor da análise xeopolítica da rexión do Medio Oriente e no Mediterráneo oriental, abordando por unha parte a dimensión xeoestratéxica da militarización da rexión palestina e, por outra, a pegada do ISIS nesta área.

WhatsApp Image 2019-01-08 at 14.47.58

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies