AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Nos negocios entre empresas e Gobernos no marco do capitalismo neoliberal, os pobos sempre perden”

15 Febreiro, 2018
Praza.gal-Mapa interactivo Edgewater
Mapa interactivo elaborado por Praza.gal

 

  • Senra faise eco das investigacións dun medio de comunicación galego que revelan o financiamento público da demanda de Edgewater
  • A eurodeputada mantivo contactos ca Comisaria de Comercio, Cecilia Malström, para alertar das posíbeis represalias da mineira canadense

Bruxelas, 15 de Febreiro de 2018. O medio de comunicación galego Praza Pública vén informando nestes días que o Goberno da Xunta de Galicia desviou arredor de 400.000 euros  de fondos destinados a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) para financiar a demanda interposta pola empresa mineira Edgewater contra o Estado español pola paralización da explotación que Xunta e empresa pretendían chantar en Corcoesto. Este movemento vense a sumar ás cantidades xa desviadas a tal efecto nos últimos anos, como os 150.000 euros de parte do orzamento destinado a axudas para pagar a luz no ano 2016. Segundo revelan as investigacións deste medio de comunicación, arestora o custo para o erario público galego cífrase, polo menos, en máis de medio millón de euros.

“Nos negocios entre empresas e Gobernos no marco do capitalismo neoliberal, os pobos sempre perden”, advertiu a eurodeputada galega Lídia Senra. “As regras de xogo están feitas á medida dos grandes capitais e da connivencia gobernamental: se a mina de Corcoesto chega a ir adiante a poboación sería a máxima perxudicada. Como a mobilización cidadá logrou parala, agora a empresa quere cobrarse os beneficios a costa dos cartos públicos que os propios gobernos galego e español desvían a tal efecto.”

 Dende o ano 2014 a eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) leva alertando á Comisión Europea das represalias económicas que a empresa canadense Edgewater pretendía levar adiante contra o pobo galego polo seu éxito na defensa de Corcoesto.

En decembro dese ano, á vista da demanda anunciada pola mineira logo da paralización da explotación aurífera, e no marco do proceso de ratificación do Acordo Económico e Comercial Global entre a UE e Canadá (AECG; CETA, polas súas siglas en inglés) activo nese momento, a Comisaria de Comercio Cecilia Malmström respostou a unha pregunta realizada por Senra no mes de outubro sobre as posíbeis consecuencias deste marco lexislativo, argumentando que a lexislación medioambiental dos Estados membro deberían estar por riba de cuestións económicas vinculadas ao CETA.

Cando no ano 2015 Edgewater interpuxo unha denuncia contra o Estado español -vía a filial creada ad hoc en Panamá e no marco dun acordo de liberalización comercial asinado na década dos noventa entre ámbolos dous gobernos-, Senra dirixiu unha segunda pregunta á Comisaria para informala desta nova situación e consultando a posibilidade de que a Comisión puxera en marcha medidas específicas.  Malmström indicou entón que debería ser o Estado español quen actuase como parte demandada.

 “A Xunta ten que rematar coa irresponsabilidade de conceder concesións ás multinacionais para explotacións mineiras ou de outro tipo que a cidadanía non quere porque, como no caso da minería, afectan á saúde, ao medio, á auga… e destrúen máis empregos dos que crean. Do contrario entenderemos que o Sr. Feijoo e o Partido Popular están dispostos a seguir beneficiando ás multinacionais a costa de seguir reducindo os orzamentos. Non podemos consentir que sigan hipotecando o noso futuro”, criticou Senra.  “Ademais esiximos ao Goberno español que deixe de vender fume sobre as supostas vantaxes dos acordos, que poña fin ao secretismo co que a Comisión Europea está negociando, que informe e que abra un debate sobre todos os acordos que se están negociando e sobre as súas consecuencias reais”.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies