AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

No novo marco de relacións UE-ACP deber primar a soberanía dos pobos e pór fin ao neocolonialismo

14 Xuño, 2018

 

Intervención da eurodeputada galega Lídia Senra durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo o 13 de Xuño de 2018

 

  • A UE está en proceso de renovación das relacións cos Estados de África, Caribe e Pacífico. XXXV Asemblea Paritaria do 18 ao 20 en Bruxelas
  • Senra, integrante da ACP-UE, votou en contra dunha resolución aprobada hoxe no pleno ao considerala pouco crítica co espolio e inxerencia da UE

 Estrasburgo, 14 de Xuño de 2018. A Unión Europea atópase en proceso de renovación do acordo de asociación vixente cos Estados de África, Caribe e Pacífico (ACP), relacións actualmente rexidas polo Acordo de Asociación de Cotonú, que establece que as partes deben retomar as negociacións antes da expiración deste texto en febreiro do 2020.

No marco deste proceso de reforma, durante a sesión plenaria que hoxe remata en Estrasburgo procedeuse ao debate en torno a dúbidas plantexadas pola Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo en relación aos puntos clave nos que se basearán as futuras relacións da UE cos Estados ACP, así como á votación dunha proposta de resolución especificamente referida ás próximas negociacións do novo acordo de asociación entre a Unión Europea e o Grupo dos Estados de África, o Caribe e o Pacífico.

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrante en representación do  Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Asamblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP (APP UE-ACP) dende o ano 2014, opúxose co seu voto a esta resolución e interveu no pleno do PE para criticar a traxectoria de espolio que vén viciando historicamente as relacións político-económicas mantidas entre a UE e os países ACP, resaltando o carácter neocolonial das pautas que seguen a rexer estes diálogos asimétricos entre as partes.  “Os acordos mantidos até o dagora entre a Unión Europea e os países ACP, lonxe de contribuír ao seu desenvolvemento están a perpetuar unha situación de pobreza e miseria. Buscan unicamente materia prima barata, costes laborais baixos e normativas ambientais laxas, ademais de facilitar que as corporacións multinacionais podan comercializar estes produtos con aranceis reducidos ou aranceis cero”.

 Na súa intervención ante representantes  da Comisión Europea, Senra puxo moi en dúbida a “sinceridade” das intencións publicamente promulgadas pola UE de “erradicar” a pobreza nos países ACP, instando ás institucións comunitarias a pór fin a unha situación na que a Unión Europea goza do privilexio de poder impor ás outras partes “acordos totalmente desiguais, que permiten seguir saqueando as súas riquezas, os seus recursos naturais e bancos pesqueiros e que permiten continuar co acaparamento de terras e mercados agrícolas”.

Dende o vindeiro luns 18 até o mércores 20 vai ter lugar en Bruxelas a XXXV Sesión da Asamblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP, que será precedida da xuntanza durante esta fin de semana do Foro de Mulleres e das comisións de traballo sobre Asuntos Sociais e Medioambiente; Desenvolvemento Económico, Finanzas e Comercio e a comisión de Asuntos Políticos.

De cara a este período de renovación nas relacións entre as partes, a eurodeputada galega, que será integrante activa desta XXXV Sesión, exhortou na súa intervención na Eurocámara a deixar de empregar a Asemblea UE-ACP “como unha ferramenta para seguir exercendo o control e aproveitamento sobre antigas colonias europeas”, reiterando a urxencia de aproveitar esta oportunidade para establecer “un novo marco de relación que realmente busque o desenvolvemento e o fin da pobreza, e que se basee na soberanía e no respecto destes pobos”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies