AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Necesitamos unha política leiteira pública que priorice o mantemento das explotacións en mans labregas”

15 Marzo, 2016 acordos comerciais, AGEe, agricultura, austeridade, Comisión Europea, crise agrícola europea, crise de dereitos, dereitos humanos, economía rural, emerxencia social, leite, liberalización, libre mercado, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, políticas públicas, SLG, soberanía alimentaria, sustentabilidade
  • O Consello de Ministras/os de Agricultura elude a súa responsabilidade na crise agrícola europea e pretende trasladarlla ao sector produtor
  • A redución voluntaria da produción non debe encubrir un programa de cese de actividade das pequenas e medianas granxas europeas

 Bruxelas, 15 Marzo 2016. O Consello de Ministras e Ministros de Agricultura da UE anunciou onte que as medidas que propoñen para paliar a actual crise nos sectores leiteiro, porcino e horto-frutícola da UE son precisamente que o sector produtor se encargue voluntariamente de regular o que a Unión Europea se esforzou en liberalizar. A cambio, a UE ofrece seguir disimulando o problema real -é dicir, os baixos prezos e a insostenibilidade do modelo produtivo-, aplicando incentivos económicos excepcionais, explorando a posibilidade de situar os produtos europeos noutros mercados a costa de empeorar a situación do sector produtor de terceiros países e seguir enarborando a bandeira do veto ruso, como se o problema do sector primario europeo estivera fóra e non dentro.

 “Logo de que o levemos denunciando continuamente, nestas últimas semanas estamos vendo como recoñecen o fracaso da liberalización” -analizou a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, en relación ás declaracións realizadas polo Comisario Hogan na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, as posicións manifestadas no pasado pleno da Eurocámara e a resposta remitida a AGEe por parte da Comisión en relación a unha pregunta parlamentaria-, “pero inda así seguen sen querer poñer en marcha políticas públicas que regulen a produción no sector lácteo”.

“De nada vale arrepentirse agora”, advertiu en relación a este recoñecemento da gravidade da actual crise nos sectores lácteo, porcino e hortofrutícola. “Máis ben, en lugar de laiarse, compensen o mal que fixeron. Este é o momento de que a UE faga unha aposta determinante por unha Política Agraria Común que poña no centro os prezos, os postos de traballo e o establecemento dun modelo produtivo sostíbel.” E, en relación a este último aspecto, concretou “segue sen ter sentido importar pensos para excedentes que non teñen saída.”

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa consideramos indignante que logo de teren tomado a decisión de liberalizar o sector leiteiro enfrontándose aos gandeiros e gandeiras, agora á vista do problema os ministros e ministras de agricultura da UE teñan a ocorrencia de que quen asuma a responsabilidade de tomar medidas sexa precisamente o sector produtor, que mantivo mobilizacións durante meses opoñéndose ao fin do sistema de cotas. Pero é que, ademais, “entendemos que limitar a necesaria redución da produción a unha decisión voluntaria do sector non garante o efectos desexados -advertiu a eurodeputada de AGEe-, porque nun contexto de prezos tan baixos como o actual, como se vai decidir quen vai reducir voluntariamente a produción?”

Aliás, córrese o risco de que “se non hai regras, aplicar medidas de incentivamento económico da redución da produción, no canto de significar redución para as explotacións máis grandes, pode supor a eliminación de pequenas e medianas explotacións, acabando por converterse nun programa encuberto de cese da actividade para estas explotacións”. “Necesitamos unha politica leiteira pública que aborde a regulación priorizando o mantemento das explotacións en mans labregas, e non seguir relegándoa a decisións voluntarias”, reiterou.

Este é o neoliberalismo europeo, “que tanto se gaba de liberalizar mercados para ser competitivos, e logo ten que parchear a situación con axudas excepcionais que non só lle supoñen un custo extra, senón que afondan na distorsión da situación dos mercados enquistando inda máis o problema de fondo “, criticou Senra.

“Abonda xa de que pidan responsabilidade precisamente os máis irresponsábeis”, esixiu, “Nas mans da UE estivo, e está, construír un escenario produtivo e comercial que axuste a produción á demanda, que se basee en métodos de produción sostíbel, que proporcione postos de traballo no sector primario e que dinamice o territorio garantindo un medio rural europeo vivo con moitas medianas e pequenas explotacións alimentando á cidadanía”.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies