AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Malia á aprobación do acordo UE-Singapur, a loita contra os privilexios lexislativos das multinacionais continúa

13 Febreiro, 2019

 

  • Votamos en contra do Acordo Marco de Colaboración e Cooperación UE-Singapur, outro tratado comercial negociado practicamente en segredo
  • O texto revive o mecanismo privado de resolución de controversias ISDS/STI, un tribunal feito á medida das empresas transnacionais

 

Estrasburgo, 13 de Febreiro de 2019.  O Parlamento Europeo aprobou hoxe con 436 votos a favor e 203 votos en contra o Acordo Marco de Colaboración e Cooperación UE-Singapur, un novo tratado de liberalización comercial negociado con todo o escurantismo do que foron capaces e que redunda na falta de control e regulamentación das actividades das grandes corporacións,  incidindo na desprotección dos dereitos humanos, sociais e medioambientais.

 Un dos aspectos máis preocupantes deste acordo é precisamente que volve a darlle validez ao establecemento dun mecanismo privado de resolución de controversias entre os Estados e aquelas empresas que consideren que non están obtendo os beneficios económicos cos que contaban[1]. De feito, os negociadores da Unión Europea e Singapur foron tan conscientes das reticencias que esperta este sistema, coñecido maiormente como ISDS –Investor-state dispute settlement-, que lle cambiaron o nome, pasando a estar identificado no acordo aprobado hoxe como un mecanismo albergado no desta volta denominado Sistema de Tribunais de Inversións (STI).

“Estas estratexias, baseadas en protexer o enriquecemento das empresas por riba de calquera outra cousa, teñen un impacto directo na poboación. Na Galiza, por exemplo, temos que ter en conta que o Estado español está a día de hoxe denunciado nun tribunal de arbitraxe privado pola empresa mineira canadense Edgewater porque as mobilizacións sociais paralizaron a mina que querían explotar en Corcoesto. No caso de que Edgewater gañe e o Estado teña que pagarlle unha compensación millonaria -a base de cartos públicos, loxicamente-, como responderán os gobernos a seguinte vez que a sociedade loite por paralizar outro destes proxectos destrutores?”, apuntou a eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Equerda Verde Nordica (GEU/NGL), Lídia Senra.

Estes tribunais privados que permiten ás empresas eludir os sistemas xudiciais públicos a tódolos niveis, están tamén contemplados no Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións entre a UE e os EEUU -máis coñecido polas súas siglas en inglés, TTIP-, a día de hoxe paralizado, sen asinar, grazas ás protestas da cidadanía; así como no Comprehensive Economic and Trade Agreement (CETA) da UE con Canadá, que malia estar sendo aplicado de xeito provisional dende setembro de 2017, non foi ratificado ao non contar con apoio suficiente dos parlamentos estatais.

“Malia a decepción de hoxe, a batalla non está perdida, se hai parlamentos dos Estados membros que o rexeitan, o acordo UE-Singapur non poderá ir para adiante. A sociedade ten que ser consciente de que a mobilización é a clave para poder informar a canta máis xente mellor das implicacións que ten tanto o acordo como, en si mesma, a arquitectura xurídico-económica que este tipo de acordos están a construír e que preferencian o enriquecemento duns poucos por riba dos dereitos humanos, sociais e medioambientais”.

 

[1] A campaña “Dereitos para as persoas. Obrigas para as multinacionais” recolle sinaturas contra este tipo de tribunais privados de arbitraxe: http://www.noalttip.org/stopisds/

 

Imaxe: CEO e TNI

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies