AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra leva ao Parlamento Europeo as consecuencias da eucaliptización da Galiza

4 Decembro, 2017
  • Deterioro do patrimonio arqueolóxico e natural, desleixo da Xunta, lumes e intereses do sector madeireiro e da industria da celulosa, claves de análise
  • No marco destas xornadas de traballo en Bruxelas, 34 representantes de 18 organizacións galegas reuniranse con eurodeputadas/os e a CE

portada_FB_EUCALIPTO

Bruxelas, 04 de Decembro de 2017.Un total de 34 persoas, representantes das entidades SOS Arte Rupestre Galega, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Antropolóxica Galega, Colado do Vento, Cousa de Raíces, Asociación para o Fomento do Deseño Sostible Kunterbunt, Adega, Asociación Nordés, Asociación Amig@s de historiadegalicia.gal, colectivo A Rula, Asociación Mariña Patrimonio, Asociación Cultural Irmandade de Santo Estevo, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Anova Terra, Umia Vivo, Irmandade Illa de Tambo e o Colectivo da Defensa do Patrimonio A Forneiriña situarán no Parlamento Europeo este mércores 6 e xoves 7 de decembro as claves da defensa do patrimonio natural e cultural galego fronte a eucaliptización.

Da man destes 18 colectivos, a responsábel do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, buscará proxectar dende o Parlamento Europeo a transversalidade da problemática da eucaliptización. “É urxente avanzar na toma de consciencia da transcendencia que ten o modelo forestal para un País”, valora a eurodeputada galega,“aliás,o 2018 será o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, pensamos que este encontro pode ser unha boa oportunidade para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que hai nos nosos montes e denunciar que o eucalipto e a industria celulosa, en conivencia coa Xunta, están a destruílo sen ningún tipo de consecuencia, a pesar de que están incumprindo leis. É por iso que quixemos centrar esta visita e poñer a énfase sobre todo naeucaliptización”, explicou.

No marco destas dúas xornadas de traballo no Parlamento Europeo, as eivas do modelo forestal galego serán trasladadas este mércores día 6 a varias eurodeputadas/os, e o xoves  día 7 directamente a representantes da Comisión Europea (CE). Ese mesmo día 7, de 17.00 a 19.00hrs. terá lugar tamén unha xornada de debate e intercambio articulada ao redor de tres eixos principais.

En primeiro lugar, Manuel Miranda en representación de Mariña Patrimonio, Brais Álvarez polo Sindicato Labrego Galego e o membro do colectivo A Rula, Antón Bouzas, explicarán a situación de deterioro e destrución do patrimonio galego vinculadaás prácticas do sector industrial madeireiro.

Seguidamente, Roi Cuba de Adega e Buenaventura Aparicio Casado, coordenador do Grupo de Investigación a Laxe da Irena, enmarcarán as consecuencias do desleixo da Xunta de Galicia no coidado do patrimonio cultural galego. Abordarán especificamente a problemática dos lumes e a afección destes e da eucaliptización sobre os petroglifos.

O último panel da xornada focalizarase na procura de solucións para protexer o patrimonio fronte á eucaliptización. O presidente da Sociedade Antropolóxica Galega,Rafael Quintiá, explicará o traballo desenvolvido neste sentido pola Comunidade de Montes de Salcedo; en tanto que Tania Gómez, integrante da Asociación Kunterbunt, presentará a rede de entidades a prol do bosque galego “Cousa de Raíces”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies