AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra, Xabier P. Davila e Victoria Portas presentan o sábado en Ribadeo o libro ‘O futuro das pensións’

7 Marzo, 2019 GUE/NGL, Lidia Senra, modepen, pensións, Ribadeo, victoria portas, xabier perez davila, xubilación

Cartel presentacion libro pensions Ribadeo 090319

  • O acto será ás 18:00h, no Cine-Teatro, organizado por MODEPEN, o Sindicato Labrego Galego e o Movemento en Defensa da Pensión Pública Ribadeo

  • A eurodeputada acusa á CE de estar a converterse nun mero xestor dos intereses das grandes corporacións privadas e da especulación capitalista

Santiago, 07 de marzo de 2019. A eurodeputada galega Lídia Senra, o economista e escritor Xabier Pérez Davila e a membro da Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións e do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) Victoria Portas, presentarán este sábado, 9 de marzo, ás 18:00 horas, no Cine-Teatro de Ribadeo (Rúa de Carlos III, 21), o libro ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’1. Será nun acto aberto a todos os públicos, organizado polo propio MODEPEN, o Sindicato Labrego Galego (SLG) e o Movemento en Defensa da Pensión Pública Ribadeo.

A eurodeputada aproveitará para explicar a proposta de Regulamento para a creación dun Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP), que se está a tramitar nas institucións europeas e que suporía un grave retroceso para o futuro das clases traballadoras, pois implicaría que as pensións de xubilación pasarían a depender da capacidade de aforro de cada persoa. “O PEPP é un paso máis no abandono por parte das Administracions das políticas públicas e de instrumentos básicos para a necesaria redistribución da riqueza que entre todas e todos xeramos na sociedade. É un exemplo máis de como os gobernos e as institucións públicas se están convertendo cada vez máis en meros xestores dos intereses das grandes corporacións, da especulación capitalista, favorecendo a concentración da riqueza en moi poucas mans”, denuncia Senra, que seguirá dando a batalla para que este PEPP non saia adiante no Parlamento Europeo.

O libro, que se repartirá de forma gratuíta entre todas as persoas que asistan ao acto, recolle textos dunha quincena de expertos e expertas en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron no pasado mes de setembro nunha xornada organizada pola propia Lídia Senra en Santiago de Compostela sobre esta cuestión2.

1A versión dixital completa do libro pódese consultar aquí:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Libro-O-futuro-das-pensions-na-Galiza-Estado-espa%C3%B1ol-e-Europa.pdf

2 Aquí información sobre a xornada que tivo lugar en setembro:

https://lidiasenra.gal/alianza-europea-desde-galiza-na-defensa-dos-sistemas-de-reparto-que-financian-as-pensions-publicas/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies