- A eurodeputada e candidata en En Marea:Compromiso Por Europa agarda que moitas persoas participen hoxe nas Eleccións ao Parlamento Europeo e lembra que o sector agrario, pesqueiro e a clase traballadora depende en gran medida das decisións que se toman na UE
CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ
Vedra, 26 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, achegouse este domingo ás 10:30 horas ao Colexio Electoral de San Miguel de Sarandón, no concello de Vedra, onde exerceu o seu dereito ao voto.
En declcaracións aos medios, Senra dixo que espera que na xornada de hoxe vote moita xente e que se colla a papeleta para o Parlamento Europeo. “O Parlamento Europeo parece que está moi lonxe, pero é unha institución que toma moitas decisións que nos afectan no noso día a día. O sector agrario, o sector pesqueiro, a clase traballadora, dependemos moitísimo das decisións que se toman na UE. Por iso agardo que á vez que todas as persoas collen a papeleta para decidir os concelleiros e concelleiras e alcaldes e alcaldesas de cada municipio, tamén se colla a papeleta para elixir que deputados e deputadas queremos que nos representen a partir de agora no Parlamento Europeo. Todas as persoas nos xogamos moito nestas Europeas”, dixo.