AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera

25 Outubro, 2018 adrian mosquera pazos, cacheos, carlos calvo varela, dereitos humanos, dispersion, eduardo vigo dominguez, GUE/NGL, Lidia Senra, permisos, presos, raul agulleiro cartoy, rexime penitenciario, roberto rodriguez fiallega

32290739_1429713703800624_3514681758199054336_n

  • A deputada viu tamén nestes meses a Roberto Rodríguez en Palencia, Eduardo Vigo en Toledo, e Carlos Calvo e Raúl Agulleiro en Asturias 
  • Reclama que o Estado cumpra os DDHH e recomendacións da UE, poña fin á dispersión, rebaixe os réximes penitenciarios e dea permisos de saída 

Santiago, 25 de outubro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá venres ao preso galego Adrián Mosquera Pazos no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León. Para iso, terá que viaxar en coche desde Santiago, 800 quilómetros entre ida e volta, unhas 8 horas conducindo sen case parar, que é o traxecto que teñen que facer todas as semanas familiares e amizades do preso se queren velo, na maioría das ocasións, só 40 minutos, que é o permitido nos locutorios. Coa deste venres, Senra concluirá unha serie de viaxes que a levaron a visitar tamén, nos últimos meses e nas respectivas cadeas nas que estaban, a María Osorio[1] –actualmente xa en liberdade-, Roberto Rodríguez Fiallega[2] –preso no Centro Penitenciario de Dueñas, en Palencia-, Eduardo Vigo[3] –preso no Centro Penitenciario de Ocaña I, en Toledo-, e Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro Cartoy[4] –presos no Centro Penitenciario de Asturias-. Senra solicitoulle ao Ministerio do Interior realizar estas visitas para poder coñecer de primeira man a situación na que están estes reclusos e experimentar o que significa a dispersión penitenciaria e o alonxamento, política que aplica o Estado español con algúns presos a pesar de que a propia UE a condena e recomenda abolila. 

“Someter ás familias e amizades ao castigo da dispersión, co gasto e riscos que iso supón, é crueldade pura e é non respectar os dereitos humanos que temos todas as persoas, incluídas, por suposto, as presas”, defende Senra. “E non é unha cuestión que diga eu simplemente, senón que é unha cuestión que defende a UE. Por iso o Estado non debe demorar máis e debe traer para cárceres galegas aos presos galegos, igual que fixo xa ao trasladar a cárceres catalanas aos presos políticos cataláns e igual que fixo xa tamén co achegamento á súa terra dos presos de Altsasu, por exemplo, e que debería facer con todos os presos e presas vascas. Non é un beneficio penitenciario, é un dereito que hai que cumprir si ou si”. Neste sentido, a eurodeputada recórdalle ao Goberno estatal que a finais do 2017, o pleno do Parlamento Europeo aprobou por unha amplísima maioría (474 votos a favor, 109 en contra e 34 abstencións), unha Resolución sobre Condicións e Sistemas Penitenciarios[5] cuxo artículo 29 di: “Condena a política penitenciaria de alonxamento que aplican algúns Estados membros xa que constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos/as; insta a elaborar medidas que permitan o achegamento de todos os reclusos que estean lonxe dos seus fogares (…); lembra que, segundo o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, recluir a unha persoa nun cárcere situado tan lonxe da súa familia que as visitas sexan moi difíciles ou incluso imposibles pode constituír unha violación do artigo 8 do Convenio Europeo dos Derechos Humanos”. Tamén o artigo 28 da Resolución do Parlamento Europeo di: “Anima aos Estados membro a que garantan que os reclusos manteñen contactos periódicos cos seus familiares e amizades, permitíndolles cumprir as súas penas en centros cercanos ao seu domicilio e favorecendo as visitas, as chamadas telefónicas e o uso dos medios de comunicación electrónicos (…)”.

O pasado maio, o Ministerio aseguroulle a Lídia Senra que naquela data o número de internos e internas que tiñan rexistrada provincia de residencia na Galiza e que non se encontran en centros penitenciarios galegos era de 260; e que, sen embargo, as infraestruturas penitenciarias dos penais galegos contan con prazas suficientes para albergar aos internos que solicitan a asignación dun centro de cumprimento aquí. Non obstante, atendendo ao caso de cada unha das persoas que ela visitou nos últimos meses, dase a circunstancia de que todos son presos que cumpriron xa máis da metade da súa condena (algún deles incluso inmerso xa na recta final da mesma), que solicitaron en diferentes ocasións, cada un cando considerou e a través de recursos individuais, o traslado a prisións galegas por razóns humanitarias, e de momento non se produciron os movementos solicitados. Por iso, insta á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias e ao Ministerio do Interior, responsable destas decisións, a cumprir coas recomendacións europeas e mudar a situación xa.

Chamamento a que todos os deputados/as visiten prisións e reclamen o cumprimento dos DDHH

A eurodeputada anima ademais a todos os cargos públicos e deputados e deputadas non só do Parlamento Europeo, senón tamén no Congreso do Estado español e no Parlamento Galego, a reclamar que se cumpran os dereitos dos presos e das presas e a tramitar a solicitude para poder visitar as prisións e comprobar de primeira man, falando con elas, as vulneracións de dereitos que padecen a diario as persoas privadas de liberdade. “É fundamental que quenes ostentamos cargos públicos fagamos este exercicio de visibilización e de denuncia sobre o que pasa coa política penitenciaria no Estado español”, di.

Exixe a fin dos cacheos integrais ilegais e que se autoricen permisos de saída e rebaixa de graos

Neste sentido, Senra reclama tamén que o Estado español estableza mecanismos que impidan dunha vez por todas que nas prisións se continúen a levar a cabo actuacións que van contra a propia legalidade como son os cacheos arbitrarios e inxustificados con desnudo integral que violan o dereito á intimidade corporal dos presos e presas. En relación a isto, presentou hai unhas semanas un escrito en Bruxelas, dirixido á Comisión Europea[6], no que informa de que os funcionarios de prisións someteron ao galego Carlos Calvo Varela a máis de 20 cacheos con desnudo integral nas prisións de Topas (Salamanca) e de Villabona (Asturias), que a Audiencia Nacional declarou nulos e polos que o Estado foi condenado a indemnizar ao preso con máis de 5.000 euros por danos morais. Tamén lle informa de que o galego Eduardo Vigo fue sometido igualmente a numerosos cacheos deste tipo nos últimos anos en prisións de Galiza, Madrid e Toledo, sendo declarados tamén a posteriori ilegais polo tribunal e, en palabras textuais do tribunal, “carentes de motivación, sin identificar finalidade, superar o canon de proporcionalidade, irracionais”. Así, tendo en conta que a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE prohibe a tortura e as penas ou tratos inhumanos ou degradantes e atendendo ao artigo 57 da Resolución do Parlamento Europeo 2012/2062 (INI), Senra insta á CE a posicionarse sobre os rexistros corporais nas prisións e adoptar medidas para que o Estado erradique de verdade estas actuacións, vendo que nin as sentenzas xudiciais nin as multas á Administración logran que o persoal das cadeas deixe de levalas a cabo.

A europarlamentaria tamén reclama que se revisen os grados penitenciarios nos que están clasificados os presos que visitou e o réxime no que se atopan, pois algúns deles como Eduardo Vigo ou Roberto Rodríguez aínda permanecen en primeiro grado e en situacións de practicamente illamento, con moitísimas horas encerrados na celda. Tamén pide que se concedan permisos penitenciarios de saída a quenes así o soliciten, como é o caso de Carlos Calvo e de Raúl Agulleiro, como fórmula previa á liberdade e de cara a humanizar o proceso definitivo de regreso á vida exterior. Neste sentido, lembra que a citada Resolución do Parlamento Europeo tamén solicita, no seu artigo 60, que os Estados “favorezan as políticas de reinserción dos reclusos na vida civil, en particular de aquelas destinadas a eliminar as barreiras estruturais que impiden a reinserción dos antigos reclusos na sociedade, e elaboren políticas de seguimento e revisión das penas, apostando por fórmulas nas que os reclusos pasen da vida no cárcere á vida fora do cárcere de maneira gradual”.

Unha vez pase mañá e Senra conclúa con Adrián Mosquera en León esta ronda de visitas carcerarias, a parlamentaria comprométese a seguir traballando a través de todas as vías posibles pola defensa dos dereitos humanos nas prisións do Estado, como veu facendo desde o inicio da lexislatura[7].

_________________________

[1] Iniciativa levada a cabo tras aquela visita a María Osorio, en marzo do 2018:

https://lidiasenra.gal/lidia-senra-insta-ao-estado-espanol-a-abolir-a-dispersion-penitenciaria-como-recomenda-o-parlamento-europeo/

[2] Información sobre aquela visita a Roberto Rodríguez, en agosto do 2018:

https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.501813379923999/1538753156230011/?type=3&theater

[3] Información sobre aquela visita a Eduardo Vigo, en setembro do 2018:

https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.508220409283296/1594879723950687/?type=3&theater

[4] Sobre aquela visita a Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro, en xuño do 2018:

https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.508220409283296/1472841999487794/?type=3&theater

[5] Resolución do Parlamento Europeo sobre Condicións e Sistemas Penitenciarios:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+TA+P8-TA-2017-0385+0+DOC+XML+V0//ES

[6] Para acceder ao escrito presentado na Comisión Europea ao respecto dos cacheos ilegais, pinchar aquí:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/PE-cacheos-corporais-a-presos-111018.pdf

[7]– Pregunta rexistrada o 24 de xaneiro do 2018 sobre torturas e malos tratos continuos na prisión de Teixeiro:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-000385+0+DOC+XML+V0//PT

– Pregunta rexistrada o 30 de novembro do 2017 sobre dificultades da Asociación Concepción Arenal para poder visitar a presos e presas por locutorio:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-007393+0+DOC+XML+V0//PT

– Pregunta rexistrada o 28 de xuño do 2017 sobre violación dos dereitos do galego Adrián Mosquera Pazos no penal de León:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-004300+0+DOC+XML+V0//PT

– Pregunta rexistrada o 30 de setembro do 2016 sobre boas prácticas e supervisión de detención nos Estados membros: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-007388%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

– Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre dispersión penitencaria aplicada a independentistas galegos no Estado español:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-004688+0+DOC+XML+V0//PT

– Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre a situación na que se atopaba o preso galego Raúl Agulleiro Cartoy, daquela en réxime de illamento no penal de Estremera:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004687%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

-Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre o réxime FIES no Estado español:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004686%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

– Pregunta rexistrada o 30 de maio do 2016 sobre torturas e malos tratos no centro penitenciario galego de Teixeiro:

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004302%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

– Pregunta rexistrada o 11 de xuño do 2015 sobre a situación do daquela preso galego Antón Santos, vítima de malos tratos na prisión de Dueñas (Palencia):

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2015-009457+0+DOC+XML+V0//PT

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies