AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra, Victoria Portas e Xabier P. Davila presentan o venres en Pontevedra o libro ‘O futuro das pensións’

14 Febreiro, 2019 GUE/NGL, Lidia Senra, modepen, pensións, Pontevedra, seguridade social, victoria portas, xabier perez davila, xubilación

446709249_478627

  • O acto será ás 19:00h, na Biblioteca Pública, e informarase sobre o mercado que a UE quere crear para os promotores dos Plans de Pensións Individuais

  • A deputada denuncia que o PEPP, que onte subscribiu o Consello Europeo, será tremendamente discriminatorio e aumentará a fenda de xénero

Pontevedra, 14 de febreiro de 2019. A eurodeputada galega Lídia Senra, a portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Púlbico de Pensións e integrante de MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas), Victoria Portas, e o economista e escritor Xabier Pérez Davila presentarán nun acto público este venres, 15 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública de Pontevedra (Rúa Alfonso XII, número 3), o libro ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’1.

A eurodeputada denuncia que a Comisión Europea, o Consello Europeo e o Parlamento o que están é a favorecer o mercado de capitais coa creación do chamado Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP). “O que queren é crear un mercado da Unión Europea para os promotores de Plans de Pensións Individuais e non lles importa pór en risco os aforros de miles de persoas, incitándoas a investir en produtos de risco con tal de mobilizar este diñeiro para beneficiar as grandes empresas do ramo (bancos, compañías de seguros, xestores de activos, empresas de investimento, etc.)”, denuncia Lídia Senra. “E non escatiman esforzos, a pesar de ter imposto aos Estados un teito para o gasto público que se traduce en recortes en servizos públicos básicos como o ensino ou o servizo de saúde, non dubidan en recomendar aos Estados que sigan detraendo recursos públicos mediante os incentivos fiscais para favorecer a contratación deste Produto”, explica Senra, quen asegura que o PEPP será tremendamente discriminatorio pois ter un nivel adecuado de pensión de xubilación vai depender da capacidade de aforro individual.

A eurodeputada arremeteu contra os representantes permanentes do Consello, que este mércores suscribiron o acordo acadado entre a Presidencia e o Parlamento Europeo o pasado 13 de decembro sobre o PEPP. Isto permite que o texto siga a súa tramitación.

Senra advirte que o PEPP tamén aumentará a fenda de xénero, xa existente na actualidade. “As mulleres percibimos menor salario, somos titulares de explotacións agrícolas máis pequenas e somos discriminadas na percepción das axudas da Política Agrícola Común. Polo tanto, temos menor capacidade de aforro e no contexto agrícola, como sempre, en caso de haber algunha capacidade de aforro e ter que priorizar algún membro da parella, será o home o que contrate a pensión privada”, di. “Esta proposta é un paso máis no abandono por parte dos gobernos das políticas públicas e de instrumentos básicos para a necesaria redistribución da riqueza que entre todas e todos xeramos na sociedade, para converterse en meros xestores dos intereses das grandes corporacións, da especulación capitalista, e favorecer a concentración da riqueza en moi poucas mans”, zanxa a europarlamentaria.

O libro, que se repartirá de forma gratuíta entre todas as persoas que asistan ao acto deste venres en Pontevedra, recolle textos dunha quincena de expertos e expertas en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron no pasado mes de setembro nunha xornada organizada pola propia Lídia Senra en Santiago de Compostela sobre O futro das pensións2.

__________________

1A versión dixital completa do libro pódese consultar aquí:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Libro-O-futuro-das-pensions-na-Galiza-Estado-espa%C3%B1ol-e-Europa.pdf

2 Aquí información sobre a xornada que tivo lugar en setembro:

https://lidiasenra.gal/alianza-europea-desde-galiza-na-defensa-dos-sistemas-de-reparto-que-financian-as-pensions-publicas/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies