AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra ve propio da Inquisisión o proceso contra Carlos Santiago e reclama liberdade de expresión

22 Outubro, 2018 carlos santiago, Comisión Europea, entroido, GUE/NGL, liberdade de expresion, Lidia Senra, santiago

Pregunta escrita a CE sobre Carlos Santiago

  • Insta á CE a posicionarse sobre o desfasado delito de ofensa á relixión que se contempla no aconfesional Estado español e pide que se retire 
  • A eurodeputada arremete contra o rexurdir de axentes reaccionarios que pretenden acabar cos dereitos fundamentais e incluso co humor  

Santiago, 22 de outubro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra presentou este luns un escrito dirixido á Comisión Europea (CE) no que lle informa sobre o novo capítulo producido na Galiza con respecto ao intento de coartar o dereito fundamental á liberdade de expresión. Mediante unha pregunta parlamentaria[1], Senra fai chegar a Bruxelas o que ela considera “un novo e surrealista ataque propio do Tribunal da Inquisición da Idade Media e da caza de bruxas e de bruxos” na nosa terra. Refírese á admisión a trámite da querela presentada pola Asociación Española de Abogados Cristianos por presuntos delitos de inxurias, incitación á discriminación e contra os sentimentos relixiosos atribuidos supostamente ao coñecido humorista Carlos Santiago polo pregón que ofreceu na capital galega en febreiro para dar inicio ás festas do Antroido parodiando ao Apóstolo Santiago[2].

“Tendo en conta ademais que o español é un Estado aconfesional, non considera a Comisión que un monólogo de humor contratado para as festas de Entroido dun Concello, como é o caso, forma parte do dereito fundamental á liberdade de expresión recollido na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE?”, pregunta Lídia Senra no seu escrito rexistrado hoxe. A eurodeputada tamén quere saber se a CE ten algún tipo de constancia das actividades que desenvolve a Asociación Española de Abogados Cristiáns e que opinión ten a Comisión ao respecto de que en pleno século XXI siga habendo algúns países que recoñecen o delito de ofensas á relixión e incluso da blasfemia[3].

Para Senra, o grave destas situacións, é que os tribunais dean amparo a denuncias deste tipo e que os recursos públicos se invistan en investigar xudicialmente cuestións como esta, dando pulo ao rexurdir de axentes reaccionarios que o que pretenden é amedrentar a todo o que se mova, rematar cos dereitos fundamentais das persoas, coa liberdade de expresión, co humor, coas festas e coas tradicións dos pobos. A deputada en Europa amosa todo o seu apoio a Carlos Santiago e ao Concello de Santiago e agarda que o proceso xudicial non vai a máis.

Hai unhas semanas, a europarlamentaria denunciou tamén ante a Comisión Europea o proceso aberto contra o actor Willy Toledo tamén por suposta ofensa aos sentimentos relixiosos por cagarse en Deus a través dun comentario no seu twitter[4]. Polo momento, a CE aínda non deu resposta a aquel escrito. “

 

 

 

______________________

[1] Aquí a pregunta rexistrada hoxe na Comisión Europea sobre o caso de Carlos Santiago:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/PE-Violacion-do-dereito-a-liberdade-de-expresion-no-caso-de-Carlos-Santiago-22-10-18.pdf

[2] Admiten a trámite a querela contra o autor do pregón do Entroido de Santiago:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/10/19/admiten-tramite-querella-contra-autor-pregon-carnaval-santiago/0003_201810G19P8993.htm

[3] O Estado español, inclúido na minoritaria lista de países nos que ofender ás persoas crentes é delito:

https://www.publico.es/sociedad/libertad-expresion-36-paises-mundo-penan-ofensas-religion-espana.html

[4] Aquí a pregunta rexsitrada en setembro por Lídia Senra sobre o caso de Willy Toledo:

https://lidiasenra.gal/lidia-senra-leva-a-ce-o-caso-de-willy-toledo-non-hai-liberdade-de-expresion-no-estado-espanol/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies