AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Todo o traballo ten que ser declarado e garantindo dereitos sociais, laborais e salarios dignos”

2 Febreiro, 2016 austeridade, Comisión Europea, crise de dereitos, dereitos humanos, dereitos laborais, dereitos sociais, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, liberalización, Lidia Senra, políticas públicas, sustentabilidade, traballo non declarado

 

  • Hoxe debateuse a proposta de creación dunha alianza europea para previr e desincentivar o traballo non declarado nos Estados membro
  • Dende AGEe reivindicamos establecer un salario mínimo europeo e a renda básica para garantir os dereitos laborais, sociais e humanos

 

Estrasburgo, 02 Febreiro 2016. Na mañá de hoxe procedeuse ao debate da proposta de decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa á creación dunha plataforma europea para reforzar a cooperación en materia de prevención e desincentivación do traballo non declarado.

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) concordamos en que o traballo debe ser “todo declarado e con dereitos”, “mais a loita contra o traballo non declarado non debe penalizar ás traballadoras e traballadores atrapados nel, unha situación que afecta ademais de xeito moi relevante ás mulleres e persoas migrantes”, sinalou a eurodeputada Lídia Senra.

O obxectivo principal das medidas europeas neste sentido ten que ser dignificar o traballo, garantir que todas as traballadoras e traballadores teñamos dereitos sociais e laborais, así como salarios dignos. Por iso, ademais de desincentivar o traballo non declarado, “é necesario eliminar as reformas laborais que quitan dereitos, precarizan ás persoas e consagran a cada vez máis habitual figura das traballadoras e traballadores pobres”. Tamén para avanzar neste eido, resulta fundamental “oporse á converxencia regulatoria explicitada en tratados coma o TTIP, xa que os EEUU non ratificaron moitas das convencións da Organización Internacional do Traballo (OIT) si asumidas pola UE”.

Tamén resulta significativamente alarmante os numerosos casos de “falsos autónomos” como consecuencia da precarización que conleva a práctica das subcontratas. “Estamos falando en moitas ocasións de antiguos traballadores e traballadoras de empresas que son obrigados a converterse en autónomos para poder seguir traballando, pero nunhas condicións de enorme precariedade”, ilustrou Senra.

Aliás, predicións de futuro no eido laboral global como as realizadas recentemente polo Foro de Davos, nas que se contempla a desaparición de alomenos 5 millóns de postos de traballo, debuxan un escenario no que “as medidas que realmente precisan con urxencia as traballadoras e traballadores para que sexan respectados, xa non só os dereitos laborais, senón tamén os sociais e humanos, son o establecemento dun salario mínimo europeo e o garantemento da Renda Básica Universal”, defendeu a eurodeputada galega.

 

Imaxe: Davila

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies