AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra solicita á Comisión Europea que investigue o impacto na pesca das prospeccións de petróleo e gas

6 Abril, 2017 Banco de Porcupine, Comisión Europea, gas, GUE/NGL, Lidia Senra, pesca, prospeccións
  •  A eurodeputada galega quere coñecer as consecuencias da busca de hidrocarburos no mar para a frota comunitaria de Porcupine
  • A europarlamentaria pregunta tamén polos protocolos que seguen as empresas no eido ambiental antes de conseguir autorización

Pregunta rexistrada na ce

Bruxelas, 6 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou esta semana unha pregunta para a súa resposta escrita por parte da Comisión Europea (CE) na que solicita información sobre o impacto na pesca das prospeccións de hidrocarburos que se levan a cabo dende hai anos no Banco de Porcupine, en augas comunitarias irlandesas de grande importancia para a frota de diversos países da UE.

A europarlamentaria lémbralle á CE que “as augas comunitarias irlandesas, especificamente a área do Banco de Porcupine, son vitais para a pesca e nos últimos anos atraeron unha serie de proxectos de prospeccións petrolíferas e gasísticas nos lugares onde opera a frota de varios países da UE”.

Ante esta situación, Senra pide que o brazo executivo da UE lle aclare “con que estudos de impacto sobre os recursos pesqueiros contan estas prospeccións de hidrocarburos realizadas no Banco de Porcupine, así como a superficie específica afectada e o número de proxectos en marcha na actualidade”.A eurodeputada tamén se interesa polos protocolos que deben seguir as compañías petrolíferas e gasísticas no eido ambiental e de conservación dos recursos mariños cando piden autorización para levar a cabo as súas actividades de investigación. 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies