AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Seguiremos loitando para que se garantan unhas pensións dignas a través dos orzamentos públicos”

10 Maio, 2019 A nosa voz en Europa, barcelona, dereitos, En Marea, Lidia Senra, pensións

Publico no acto en Barcelona sobre pensions durante a intervencion de Lidia Senra

  • A eurodeputada e candidata ás eleccións do 26 de maio viaxou hoxe a Barcelona para intervir na clausura da VI Asamblea da Marea Pensionista de Catalunya
  • Marca como prioridade para o próximo mandato da UE botar abaixo o mercado europeo de pensións privadas e asegurar que ningunha persoa ao rematar a súa vida laboral entre na pobreza

Santiago, 10 de mayo de 2019. “Viñémolo repetindo unha e outra vez neste mandato durante o debate no Parlamento Europeo do Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP), ao que nos opuxemos totalmente co noso voto en contra. Non podemos admitir que as nosas pensións dependan da capacidade de aforro que teña cada persoa. Os sistemas de pensións públicos e as pensións dignas deben ser garantidas a través dos orzamentos públicos. Seguiremos traballando para botar abaixo o mercado europeo de pensións privadas e para que desde as institucións europeas se poñan instrumentos para que se garanta que ningunha persoa ao rematar a súa vida laboral entre na pobreza”. Así o asegurou esta tarde en Barcelona a eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas do próximo 26 de maio.

Despois de que a pasada noite fixera a primeira pegada de carteis en Lugo, Senra acudiu hoxe, no primeiro día da campaña electoral, a Barcelona, para participar na clausura na VI Asamblea da Marea Pensionista de Catalunya. Ante un auditorio totalmente cheo de público, a candidata galega ás eleccións europeas marcou como prioridade do próximo mandato europeo facer toda a presión para que a UE adopte políticas que combatan as causas polas que as pensións públicas son insuficientes a día de hoxe, empezando por botar abaixo as reformas laborais e de pensións impostas polas santo-sacras institucións neoliberais e capitalistas. “Necesitamos políticas públicas que garantan as pensións do futuro a todas as persoas, non solucións privadas para uns poucos”, defendeu.

Lidia Senra, intervindo no acto sobre pensions en Barcelona

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies