AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Rexeitamos un Estado que non recoñece o dereito dos pobos a decidir”

7 Outubro, 2015 Comisión Europea, crise de dereitos, dereito a decidir, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, liberalización, liberalización comercial, libre mercado, Lidia Senra, república galega, soberanía alimentaria

 Estrasburgo, 07 Outubro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, abandonou canda as demais deputadas da Esquerda Plural o hemiciclo do Parlamento Europeo durante a alocución de Felipe VI.

Con esta acción simbólica, dende AGEe queremos manifestar “o noso rexeitamento a un Estado que non recoñece o dereito dos pobos que conforman a súa realidade plurinacional” . O Estado español, concretou Senra, “non recoñece nin permite” que o pobo galego “poda decidir libremente sobre o seu futuro”.

Aliás, a eurodeputada galega tamén manifestou a súa disconformidade ca presenza no hemiciclo da Eurocámara dun Rei “posto por herdanza sen que se dera en ningún momento opción á cidadanía a decidir se quería Monarquía ou República”.

Ao fío da conmemoración este ano do trinta aniversario da entrada do Estado español na Unión Europea, resaltada esta mañá polo Presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, para enmarcar a alocución do monarca español, a eurodeputada de AGEe subliñou que “non hai nada que celebrar”. A día de hoxe, “Galiza atópase nunha situación na que os seus sectores produtivos están sendo destruídos, a industria está pechando, cada vez hai menos postos de traballo e a xuventude está emigrando buscando unha vida fóra do seu país”.

Logo de trinta anos de pertenza á Unión Europea, proseguiu Senra, “hai un retroceso grande nos dereitos humanos, como no dereito á vivenda, á saude ou ao ensino”, aliás, salientou, “tamén sufrimos un retroceso nos dereitos das mulleres, con leis que vulneran a nosa autonomía”.

Polo tanto, concluíu, “non temos nada que celebrar con esta UE da austeridade”. Xa que a actual Unión Europea, denunciou a eurodeputada de AGEe “está a crear pobreza e miseria, condenando á cidadanía e ás clases populares a malvivir”.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies