AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reivindica políticas activas para manter a actividade agraria e gandeira nas zonas de montaña

16 Abril, 2016 actividades, agricultura, áreas de alta montaña, crise agrícola europea, dereito a decidir, economía rural

160416_Trives xornada montaña2

  • A eurodeputada abre en Trives a xornada organizada polo GUE/NGL e AGEe sobre as figuras de protección medioambiental nestas zonas
  • Chama a esixir responsabilidade política para que o Día Internacional das Montañas e das persoas que viven nelas sexa todos os días do ano

 Pobra de Trives, 16 abril 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), foi este sábado a encargada de abrir na Pobra de Trives a xornada “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña”, un evento aberto que durante toda a xornada de hoxe está a reunir diferentes persoas técnicas expertas en figuras de protección medioambiental, así como labregas e labregos galegos titulares de experiencias de produción en zonas de alta montaña e representantes de Parques Naturais. O obxectivo é poñer en valor as figuras de protección e analizalas e debater sobre elas como unha vía máis para contribuír a manter a montaña viva.

Durante a presentación, Lídia Senra reivindicou o papel das montañas e a necesidade de que desde as institucións políticas “non se esqueza ás persoas que viven nelas para poder manter vivas estas zonas”, instando a que o Día Internacional das Montañas -que se celebra todos os anos no 11 de decembro, nunha data instaurada polas Nacións Unidas-, pase a ser todos os días do ano e non só un.

Senra fixo fincapé na necesidade de afondar no coñecemento das figuras de protección ambiental para as zonas de montaña, co obxectivo de “explorar como aproveitar mellor este marco e como desenvolver actividades dentro del”. Así, definiu como ante todo, “informativa” a xornada en Trives, se ben o obxectivo é poder presentar tamén iniciativas nos Parlamentos Europeo, Estatal e Galego que defendan a montaña galega.  Senra afirmou que organizar xornadas como a deste sábado en Trives é “moi importante para visibilizar a problemática das montañas e das labregas, labregos e persoas que desenvolven nelas outras actividades”.

Na xornada, á que na sesión da mañá participaron preto dun cento de persoas, participan como ponentes Guzmán Ouro Vilariño, enxeñeiro de Montes, técnico agrícola e xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo, que foi presentado polo alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez. Tamén estivo pola mañá a dirixente do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane e os expertos Víctor Andrés Álvarez Arias e Xosé Santos Otero, nunha mesa presentada polo deputado de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez.

Xa na sesión da tarde, a pastora Neves Fernández e o membro de Labregos Daiquí, Manuel García, falarán sobre as súas experiencias na montaña, presentados pola membro de Anova na montaña luguesa Vanesa Garrido Blanco. O alcalde de Somiedo, Belarmino Fernández, será o encargado de pechar a xornada, falando do Parque Natural asturiano, nunha mesa que presentará o deputado de En Marea no Estado español Miguel Anxo Fernán-Vello.

As desta fin de semana son xa as segundas xornadas de montaña que organiza o GUE/NGL na Galiza en colaboración con AGEe. Na xornada no 2015, celebrada en Becerreá, púxose a énfase en que a actividade agraria é fundamental para manter a montaña viva, igual que é fundamental para isto poder dispoñer duns servizos públicos e de calidade en canto a sanidade, ensinanza e servizos sociais, para que as persoas poidan vivir con calidade de vida nas montañas.

160416_Trives xornada montaña3 160416_Trives xornada montaña

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies