AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclámalle á CE que se posicione sobre os produtos de risco que está intentando colocar a banca

10 Marzo, 2017 banca, CIG, clientela, entidades financeiras, fondos de investimento, GUE/NGL, laboral, Lidia Senra, risco
  • Presenta unha pregunta para a Comisión Europea sobre a presión que padecen os traballadores/as das entidades financeiras para que a clientela invista en fondos que acaban tendo rendibilidades negativas 
  • A eurodeputada leva a Bruxelas as reivindicacións dos representantes sindicais da CIG e reclama que o ente comunitario se manifeste sobre os mecanismos de protección que se deberían poñer en marcha

foto da preguntaSantiago, 10 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) as “políticas comerciais agresivas” que están a levar a cabo as entidades financeiras e a “presión” que están a exercer os directivos sobre o persoal traballador para que coloquen produtos de risco á clientela que non os demanda. Senra cumpre así o seu compromiso de levar a posición dos representantes sindicais de CIG-Banca á institución europea, despois da reunión que a eurodeputada mantivera con eles e elas en Santiago a finais de xaneiro.

Nunha pregunta que rexistrou esta semana no Parlamento Europeo, a parlamentaria refírese ao actual contexto no que os xuros marcados polo Banco Central Europeo (BCE) están en mínimos históricos, o que supuxo un descenso da retribución dos aforros das persoas. “Isto é aproveitado pola banca para colar investimentos en fondos tóxicos e en produtos que en moitos casos poden ter rendibilidades negativas e non están amparados polo Fondo de Garantía de Depósitos”, asegura. Así, denuncia que se están a colocar “sen a información necesaria para os/as pequenos/as investidores/as, a pesar das sentenzas xudiciais emitidas nos últimos tempos contra episodios similares como as chamadas preferentes ou subordinadas, declaradas ilegais por unha falta de información por parte dos bancos á clientela”.

Neste sentido, Lídia Senra pídelle á CE que se posicione sobre se “non deberían ser as entidades bancarias as únicas responsables pola venda destes produtos que elas mesmas deseñan?” e sobre se “non deberían os traballadores/as quedar eximidos de toda responsabilidade na venda destes produtos?”. Tamén insta á Comisión a responder sobre a necesidade de “diferenciar a banca especulativa e de comercialización de produtos de risco, da banca tradicional e de investimento” e sobre os “mecanismos que se deben poñer en marcha para protexer á clientela”.

Senra explica que as dez maiores xestoras de fondos de investimento no Estado español son propiedade dos dez maiores bancos e que, segundo datos que lle facilitou a CIG, teñen unha rendibilidade histórica inferior ao Ibex 35 e no 2016 a maior parte deles tiveron rendibilidades negativas. “As políticas comerciais da banca céntranse en traspasar os aforros da clientela minorista desde as contas de prazo cara a fondos de investimento dos propios bancos, traspasando as rendibilidades negativas á clientela e incrementando os seus propios ingresos polas comisións que levan de comercialización, depósito, xestión ou reembolso dos fondos”, exemplificou.

No Estado español, millóns de pequenos e pequenas aforradoras son partícipes de fondos de investimento. En efecto, a principios do ano 2014, eran 5.100.000 persoas e ao peche do 2016 elevábase xa a 7.390.000 persoas. Nese mesmo período, todo segundo os datos da CIG, o patrimonio dos fondos pasou de 153.834 millóns de euros a 211.421 millóns de euros. “Se se ten en conta a rendibilidade negativa dun gran número de fondos de investimento, o incremento das achegas aínda foi moito maior que o reflexado”, argumenta Senra, que advirte de que no caso de que o BCE decida unha suba dos tipos, como ten anunciado a Reserva Federal dos EEUU, estas persoas que son pequenas aforradoras partícipes dos fondos de investimento poden enfrontarse a aínda maiores rendibilidades negativas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies